Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Subvencións para o programa de promoción de emprego autónomo
Subvencións para o programa de promoción de emprego autónomo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Maio 2010 10:30

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte convocatoria: Bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo.

Esta orde ten como obxecto promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentado a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as, sempre que:
- Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
- Se dean de de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
- Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
- Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

Tamén poderán acceder á condición de persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade. Así como, devanditos/as traballadores/as autónomos/as formen parte de comunidades de bens ou sociedades de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes será de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. Ademais, as actuacións subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas entre o 16 de setembro do ano 2009 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse ás axudas desta resolución. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono  988-410000.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>