O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. - Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión extraordinaria de data 20.04.2010 (Acta nº 3/2010). 2. – Orzamento Xeral Municipal 2010. 3. - Modificación número 1/2010 da Relación de Postos de Traballo. 4. – Modificación da ordenanza municipal reguladora de prestación do servizo de axuda no fogar. 5. – Dar conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 04.03.2010 até o 28.04.2010, ambas as dúas datas incluídas. 6. – Informacións e outros asuntos de presidencia. 7.- Rogos e preguntas.
Aprobáronse por unanimidade os puntos primeiro e cuarto, este último referente a supresión do apartado 8 do artigo 17 da Ordenanza municipal reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) no Concello de Verín, publicada no BOP de Ournese nº 43 de data 23 de febreiro de 2010, de forma que nos supostos de acceso ao servizo na modalidade de libre concorrencia, a determinación da capacidade económica das persoas usuarias realizarase tendo en conta a súa renda persoal.
En relación co Orzamento Xeral Municipal 2010, a Memoria de Alcaldía, explicativa do contido e das principias modificacións que presenta en relación co orzamento vixente, atópase dividida nos seguintes capítulos:
- Primeiro. Orzamento Xeral para o exercicio 2010.
O importe do Orzamento Xeral Municipal elaborado para o exercicio 2010 ascende á cantidade total de 10.117.840,94 €
- Segundo. Estado de ingresos.
Neste capítulo englóbanse:
- Impostos directos: impostos municipais sobre Bens Inmobles (diminución dun 1,61%), Actividades Económicas (caída dun 21,99%), Vehículos de Tracción Mecánica (crecemento dun 3,45%) e Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (incremento de 1,09%.).
- Impostos indirectos: Imposto Municipal sobre Construcións, Instalacións e obras, debido a difícil situación do mercado financeiro, e do sector inmobiliario e construtivo en particular, cunha redución do 14,12%.
- Taxas, prezos públicos e outros ingresos: prestación de servizos públicos ou realización de actividades administrativas de competencia local (no Conservatorio Elemental de Música -diminución 10.81%-, Escola Municipal de Artes e oficios -redución 2,05%-, Instalacións Deportivas Municipais -diminúe 2,65%-, Expedición de Licencias de Apertura de Establecementos -redúcese un 26,23%-), prestación do servizo público de saneamento e rede de sumidoiros -diminución de 5,56%), aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local e outros ingresos, multas e sancións (multas de tráfico cunha reducción dun 31,51%, e de disciplina urbanística -diminución do 2,36%-).
- Transferencias correntes: participación nos ingresos do Estado (unha diminución do 3,57% con respecto ás previsións iniciais do exercicio anterior, en consonancia coa reducción xeral da partida orzamentaria contida nos Presupostos Xerais do Estado, que diminúe aproximadamente un 3,50%), Fondo de Cooperación Local, Plan Nacional concertado para a prestación de servizos sociais de atención primaria ou Plan Nacional de Vivenda 2007-2010. Este capítulo experimenta unha sensible redución da Participación nos Tributos do Estado e da Comunidade Autónoma, que se compensa con dous grandes proxectos deste goberno, como son o Proxecto Eurocidade Chaves-Verín, na súa anualidade do 2010, e o Obradoiro de Emprego Baronceli.
- Ingresos patrimoniais, alleamento de investimentos reais, transferencias de capital, e activos e pasivos financeiros. No capítulo Transferencias de Capital destacan, tamén, os compromisos de gasto e proxectos subvencionados plurianuais asumidos por este Concello, e entre os que se atopan o Proxecto e-Sol, e o de ampliación da piscina climatizada municipal.
- Terceiro. Estado de gastos.
No capítulo Gastos de Persoal establécese a necesaria actualización dos salarios e cotizacións sociais do persoal, no porcentaxe obrigado de 0,30%, pero o gasto diminúe con respecto ao ano 2009, xa que no total da partida orzamentaria destínase a este capítulo un 39,5% mentres que no ano 2009, a contía era de 41,21%. “Esta redución do 1,03% mostra o esforzo de contención do gasto e viabilidade administrativa efectuada polo Concello de Verín, un custe fixo moi importante para esta administración e que, en tempos de crise, debe ser obxecto dun control adecuado”, asegura o rexedor Juan Manuel Jiménez Morán.
O capítulo de Subministro de Bens Correntes e Servizos increméntase para destinar a maior parte do canon inicial, derivado da concesión dos servizos de abastecemento de auga potable e da rede de sumidoiros e saneamento, á atención da facturación pendente de exercicios anteriores (2004, 2005, 2006, 2007 -durante o anterior goberno tripartito- e 2008).
Mentres que no de Gastos Financeiros redúcese o gasto notablemente, ao igual que no de Transferencias Correntes, co fin de conter o gasto municipal -aínda que se incrementa no caso das achegas ao sector público, debido a achega para sufragar o custo do transporte da lixo durante o ano 2004, durante o anterior goberno tripartito, e que será atendido co canon inicial obtido pola concesión dos servizos de abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e saneamento-. “No ano 2004, aprobouse un Plan Económico-Financieiro de Estabilidade Orzamentaria, que obrigaba a este Concello, conforme aos pactos acordados no seu día, a un esforzo adicional, neste mandato, de reducción do endebedamento, na cuantía de de 206.440 euros”, recoñece Jiménez Morán. Polo tanto, engade “podemos dicir que, si as previsións deste orzamento se cumpren integramente, conseguirase devandita redución ao final do ano 2010, polo que, durante este mandato, o Goberno municipal conseguiu uns números de reducción do endebedamento, o que supón unha diminución da necesidade de acudir a diñeiro alleo, debido a que este Goberno conseguiu incrementar a capacidade de xerar recursos propios”.
Por outra banda, débese recordar que a 1 de xaneiro do ano 2007, o endebedamento municipal estaba situado na cifra de 4.660.255,45 euros, que supuña unha carga financeira global de 74,08%. Mentres que a 31 de decembro do 2010, o endebedamento municipal previsto, con este orzamento xeral, estará situado na cifra de 4.481.377,30 euros, que supón unha carga financieira global de 60,78%. Ademais, outros dos logros fiscais deste goberno municipal foi “non incrementar os tributos municipais e, especialmente, os impostos máis importantes, en cuanto a súa cuantía, para o cidadán”, matiza o alcalde. “A contención do esforzo fiscal foi necesaria nestes tempos de crise, para incrementar a capacidade de aforro familiar pero, tamén, era un dos obxectivos que se atopaba na folla de ruta deste goberno e, que ao final deste mandato, considerarase cumprido”, puntualiza. Este esforzo do Goberno municipal por controlar os tributos municipais, e evitar un incremento da presión fiscal foi a grande raíz da crise económica global, que “provocou unha caída de recursos importantes, nas arcas municipais, de ata o 90% no ICIO (Imposto de Construcións, Instalacións e Obras), o que supuxo a necesidade de estreitar o cinto de modo estrito”.
No capítulo de Inversións Reais inclúense todos os proxectos de gasto de inversión considerados necesarios por este goberno, “o que supón destinar o 19,04 do orzamento do 2010 a este capítulo”, afirma o alcalde, “mentres que o ano anterior foi de 13,18%”. “É decir que un de cada cinco euros dos veciños diríxese a creación de infraestruturas, moi necesarias, xa que son obras de reparación non de embelecemento”, asegura Jiménez Morán. As inversións que se van a desenvolver son as seguintes:
DENOMINACIÓN
|
TOTAL
|
TOTAL
|
ORZAMENTADO
|
PREVISTO
|
Pavimentación de Camiños e Vías Públicas Municipais (Programa de Colaboración coa Brigada de Obras da Deputación)
|
40.620,00 €
|
40.620,00 €
|
Contratación de Obras de Construción da Praza en Tamaguelos (Plan de Acondicionamiento de Espazos Públicos 2010)
|
24.800,00 €
|
124.800,00 €
|
|
|
|
Contratación de Obras de Construción de Muro Escollera no Regato de Mandín
|
8.400,00 €
|
8.400,00 €
|
Contratación de Obras de Arranxo e Mellora do Entorno da Praza e Parque Biosaludable en Cabreiroá
|
12.000,00 €
|
12.000,00 €
|
Mellora da Rede de Alumeado Público en rúa Amaro Refojo, Barrio de San Lázaro y Queirugás (Plan de Aforro Enerxético)
|
91.804,95 €
|
231.508,13 €
|
Obra Mellora da Rede de Abastecemento de Auga Potable na Estrada de Vences (Plan Provincial de Cooperación 2010)
|
44.062,19 €
|
44.062,19 €
|
Contratación de Obras de Mellora de Pavimentación e Capa de Rodadura en Rúa Elle
|
50.077,93 €
|
50.077,93 €
|
Contratación de Obras de Mellora de Pavimentación e Capa de Rodadura en Rúa Espido
|
164.402,00 €
|
164.402,00 €
|
Contratación de Obras de Mellora de Pavimentación e Capa de Rodadura en Rúa Laureano Peláez
|
76.237,02 €
|
76.237,02 €
|
Obra de Mellora de Zonas e Espazos Peatonais e Comerciais no Barrio de San Lázaro: Marxe Dereita (Anualidade 2010)
|
114.485,00 €
|
114.485,00 €
|
Obra de Mellora de Zonas e Espazos Peatonais y Comerciais no Barrio de San Lázaro: Marxe Esquerda (Anualidade 2010)
|
43.320,00 €
|
123.120,00 €
|
Obra de Reposición de Beirarrúas en Varias Rúas do Núcleo Urbano de Verín
|
8.000,00 €
|
8.000,00 €
|
Acondicionamiento e Reparación da Fuente na Praza da Alameda
|
27.145,16 €
|
27.145,16 €
|
Obra por Administración de Xardinería e Recuperación de Espazos Degradados (Obradoiro de Emprego Baronceli)
|
73.716,00 €
|
73.716,00 €
|
Obra de Construción de Telecentro Social en Salgueiro - Caldeliñas (Plan Leader)
|
37.808,80 €
|
115.004,80 €
|
Obra de Reforma Interior de Dependencias en Casa da Xuventude
|
255,20 €
|
1.276,00 €
|
Contratación de Obra de Reforma e Ampliación da Piscina Climatizada Municipal
|
597.015,77 €
|
597.015,77 €
|
Liquidación Final Obra de Acondicionamiento do Campo de Fútbol do Pavillón Polideportivo Municipal de A Granxa
|
7.345,91 €
|
7.345,91 €
|
Liquidación Final Obra de Reforma de Pavillón Polideportivo Municipal A Granxa (Primeira Fase)
|
14.979,72 €
|
14.979,72 €
|
Liquidación Final Obra de Reforma de Pavillón Polideportivo Municipal A Granxa (Segunda Fase)
|
6.078,16 €
|
6.078,16 €
|
Liquidación Final Obra de Reforma de Pavillón Polideportivo Municipal A Granxa (Terceira Fase): Iluminación
|
22.334,78 €
|
22.334,78 €
|
Liquidación Final Obra de Reforma de Pavillón Polideportivo Municipal A Granxa (Terceira Fase): Cerramientos e Marquesinas
|
28.011,56 €
|
28.011,56 €
|
Obra de Reforma de Pavillón Polideportivo Municipal A Granxa (Cuarta Fase): Pavimentación e Chans
|
63.895,52 €
|
63.895,52 €
|
Explanación e Preparado de Terreos no Pavillón Polideportivo de A Granxa: Movemento de Terras e Subministro de Materiais
|
8.000,00 €
|
8.000,00 €
|
Suministro para Adquisición e Instalación de Nova Centralita para Atención Telefónica nas Oficinas do Gabinete de Alcaldía
|
330,17 €
|
330,17 €
|
Suministro para Adquisición e Instalación de Máquina Fotocopiadora e Impresora nas Oficinas del Gabinete de Alcaldía
|
1.131,00 €
|
1.131,00 €
|
Adquisición de Maquinaria, Instalacións, Ferramentas e Utillaxe para Servizos Municipais Xerais de Casa Consistorial
|
133,99 €
|
133,99 €
|
Obra de Mellora de Instalación de Radiadores e Calefacción da Casa Consistorial
|
916,32 €
|
4.581,61 €
|
Obra de Renovación de Instalación de Calefacción e Aire Acondicionado na Casa da Xuventude
|
24.480,00 €
|
106.080,00 €
|
Suministro de Xenerador de Enerxía Eléctrica para Servizo Municipal de Vías, Obras e Parque de Maquinaria
|
1.479,80 €
|
1.479,80 €
|
Suministro de Radio CD Portátil para Servizo Municipal de Cultura
|
47,90 €
|
47,90 €
|
Obra de Instalación de Placas Solares na Piscina Climatizada Municipal (Proxecto e-Sol: Cooperación Transfronteriza)
|
122.400,00 €
|
122.400,00 €
|
Suministro de Máquina de Agua Quente para Limpeza de Vasos na Piscina Climatizada Municipal
|
2.960,32 €
|
2.960,32 €
|
Suministro e Instalación de Sistema de Megafonía e Equipo de Son no Pavillón Polideportivo Municipal de A Granxa
|
4.178,32 €
|
4.178,32 €
|
Suministro e Instalación de Sistema de Megafonía e Equipo de Son no Pavillón Municipal de Deportes
|
2.784,00 €
|
2.784,00 €
|
Reforma e Reparación do Cadro Eléctrico do Pavillón Municipal de Deportes
|
8.619,66 €
|
8.619,66 €
|
Obra de Dotación de Instalación de Calefacción na Casa do Escudo
|
471,99 €
|
2.359,97 €
|
Suministro para Adquisición e Instalación de Taquillas para Persoal do Servizo Municipal de Policía Local
|
1.038,20 €
|
1.038,20 €
|
Suministro para Adquisición e Instalación de Nova Sinalización Viaria para Ordenación do Tráfico Rodado e Peonil
|
8.174,35 €
|
3.000,00 €
|
Suministro para Adquisición de Equipamento, Mobiliario e Enseres para Servizo Municipal de Urbanismo
|
772,94 €
|
772,94 €
|
Suministro para Adquisición de Nova Contenerización para Servizo de Recollida de Lixo e Residuos Sólidos Urbanos
|
7.202,40 €
|
2.400,00 €
|
Suministro para Adquisición de Novo Mobiliario Urbano (Programa de Renovación de Mobiliario Urbano 2010)
|
24.418,61 €
|
24.418,61 €
|
Adquisición de Mobiliario e Enseres para Dotación de Equipamento do Centro Social de Pazos
|
9.600,00 €
|
9.600,00 €
|
Dotación de Mobiliario e Equipamiento da Oficina de Control do Pavillón Polideportivo Municipal de A Granxa
|
4.293,16 €
|
4.293,16 €
|
Suministro para Adquisición de Novos Equipamentos Informáticos (Programa de Modernización de Equipos Informáticos 2010)
|
2.400,00 €
|
2.400,00 €
|
Suministro para Adquisición de Materiales para Actualización da Infraestrutura Xeral da Rede Informática Municipal
|
6.500,00 €
|
6.500,00 €
|
Adquisición e Instalación de S.A.I para a Biblioteca Pública Municipal
|
1.895,20 €
|
9.476,00 €
|
Suministro para Reposición de Caldeira da Instalación de Calefacción en Casa Consistorial
|
1.871,78 €
|
9.358,88 €
|
Suministro para Reposición de Caldeira da Instalación de Calefacción na Piscina Climatizada Municipal
|
9.048,00 €
|
9.048,00 €
|
Suministro de Materiales para Reparación de Fuente na Praza del Concello
|
182,25 €
|
182,25 €
|
Traballos de Elaboración de Estudio de Detalle de Parcela para Auditorio Municipal (Ordenación Detallada Polvorín SUD-10)
|
20.835,25 €
|
20.835,25 €
|
Traballos de Revisión del Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín (P.X.O.M.): Anualidade 2010
|
64.957,40 €
|
64.957,40 €
|
Prestación de Servizos de Asistencia Técnica para Redacción de Proxecto Técnico de Construción de Escola Infantil
|
30.400,00 €
|
30.400,00 €
|
TOTAL PROXECTOS DE GASTO DE INVERSIÓN 2.010 | 1.928.318,68 €
| 2.418.283,08 € |
No capítulo de Transferencias de Capital inclúense as aportacións comprometidas por outras entidades ou institucións, entre as que destaca a aportación da Secretaría Xeral para o Deporte para a ampliación da Piscina Climatizada. ESTADO DE INGRESOS:
Capítulo 1
|
Impostos directos
|
2.092.448,34 €
|
Capítulo 2
|
Impostos indirectos
|
129.010,00 €
|
Capítulo 3
|
Taxas e outros ingresos
|
1.437.210,00 €
|
Capítulo 4
|
Transferencias correntes
|
3.685.978,35 €
|
Capítulo 5
|
Ingresos patrimoniais
|
1.516.970,00 €
|
Capítulo 6
|
Alleamento de investimentos reais
|
0,00 €
|
Capítulo 7
|
Transferencias de capital
|
778.384,25 €
|
Capítulo 8
|
Activos financeiros
|
99.000,00 €
|
Capítulo 9
|
Pasivos financeiros
|
378.840,00 €
|
TOTAL INGRESOS
|
10.117.840,94 €
|
ESTADO DE GASTOS:
Capítulo 1
|
Gastos de persoal
|
3.871.309,86 €
|
Capítulo 2
|
Gastos en bens correntes e servizos
|
2.818.612,40 €
|
Capítulo 3
|
Gastos financeiros
|
127.750,00 €
|
Capítulo 4
|
Transferencias correntes
|
832.980,00 €
|
Capítulo 6
|
Investimentos reais
|
1.916.708,68 €
|
Capítulo 7
|
Transferencias de capital
|
24.000,00 €
|
Capítulo 8
|
Activos financeiros
|
99.000,00 €
|
Capítulo 9
|
Pasivos financeiros
|
427.480,00 €
|
TOTAL GASTOS
|
10.117.840,94 €
|
Segundo o rexedor, este é o mellor Orzamento que pode exporse nestes momentos de crise, e dadas as circunstancias para facer fronte as necesidades do Municipio, a través dunha política que leva a redución dos gastos e conxelación de impostos, para dar lugar a unha maior liquidez na economía familiar dos veciños. Ao existir unha redución de ingresos e dada a imposibilidade de déficit orzamentario, acompaña loxicamente unha restrición máxima do gasto, pero realizando unha reasignación de recursos acorde á situación económica actual, e dirixindo os recursos municipais na dirección apropiada para suavizar os efectos da crise na medida en que a modestia das arcas municipais poida contribuír a iso, posto que, como sabemos, a tarefa fundamental nesta materia corresponderá sempre á Administración do Estado. En este sentido, a partida de gasto social incrementarase nun 17,65%. Este punto aprobouse cos votos a favor do grupo de goberno e o concelleiro de ADEI.O (en contra os restantes grupos municipais).
Por outra banda, durante a sesión plenaria tamén se aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno (en contra BNG e abstención de PSdeG-PSOE, VER.IN e ADEI.O), a modificación núm 1/2010 da Relación de Postos de Traballo deste concello no seguinte sentido: clasificar e integrar a tódolos funcionarios de carreira nos novos grupos definidos no artido 76 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público; e clasificar e integrar a tódolos funcionarios da Policía Local nas novas escalas e categorías recollidas no artigo 24 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de Cordinación de Policías Locais.
Na quenda de rogos e preguntas só interveu o portavoz do PSdeG-PSOE, Emilio González Afonso.
|