Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Proxectos presentados ao Fondo Estatal de Inversión Local 2010
Proxectos presentados ao Fondo Estatal de Inversión Local 2010 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Febreiro 2010 13:53

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu en rolda de prensa co fin de anunciar os proxectos presentados ao Fondo Estatal de Inversión Local 2010, xa amosados con anterioridade aos portavoces dos restantes grupos políticos de Verín. Devanditos proxectos son:

- Construción do Centro Social en Feces de Abaixo, situado ao lado da recentemente remodelada praza da Igrexa, e cun orzamento de 175.919,4 euros. Unha obra “demandada pola poboación, e que se axusta aos parámetros de obras de carácter social esixidos polo Goberno de España”, recoñece o rexedor.

- E dentro deste ámbito social tamén se inclúen a rehabilitación e ampliación do Centro Social en Queizás (cun orzamento de 164.244 €) e a mellora do Centro Social de Mandín -por un importe de 71.698,05 €-, que “permitirá adecuar a parte superior do actual centro social, e estará destinado á realización de actividades deportivas e culturais por parte da asociación de mulleres da localidade”, asegura Jiménez Morán.

- Área recreativa-deportiva na avenida de Laza, de 212.541,87 €, co fin de adecuar un área situada ao lado do Hospital de Verín, na que se establecerá o futuro Centro de Día, e na que se construirá zonas axardinadas e unha pista de fútbol-sala. “Conformará unha área definida para practicar deporte e descansar”, puntualiza o alcalde.

- Instalación de calefacción e A.C.S. (17.700,48 €), peche área deportiva (84.066,05 €) e construción de aseos públicos na área deportiva ‘A Granxa’ (40.666,39 €). As tres actuacións están destinadas a concluír as obras de renovación do colector do edificio, construción dun campo de fútbol sintético, pistas de pádel e vestiarios efectuados na zona polideportiva de A Granxa.

- Dotación de administración electrónica do Concello de Verín, cun orzamento de 27.000 euros. Unha proposta aprobada no pleno do pasado 29 de xaneiro e que se centra na constitución da agrupación de municipios para o desenvolvemento e execución, no marco do Real Decreto Lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea a Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local 2010, do proxecto de implantación de soporte software denominado ‘Xestión electrónica dun catálogo de procedementos básicos’. Esta medida “permitirá que os veciños realicen trámites on-line desde a súa casa”, matiza Jiménez Morán.

- Ademais, desde o Concello de Verín continuarase traballando na mellora de rede de abastecemento e saneamento do municipio. Por este motivo, no Fondo Estatal de Inversión Local 2010 inclúense as seguintes actuacións: abastecemento e saneamento do Camiño Vello de Fontenova (107.644,13 €), abastecemento e saneamento do Camiño Vello de Sousas (153.224,96 euros), mellora da rede de abastecemento dende o cuartel ata Pazos (176.760,96 €) e mellora da rede de abastecemento en Pazos (55.842,43 euros). “Todas elas son obras pendentes na mellora do abastecemento e saneamento, consensuadas cós restantes grupos políticos”, indica o rexedor.

- Por outra banda, e tras repor 130 novos colectores na localidade, instalar isletas subterráneas na avenida de Portugal e na rúa Maior -fronte a Igrexa Parroquial-, e recuperar as isletas nas rúas Amaro Refojo, Muralla e praza Maior que “non funcionaban debido a que o anterior grupo de goberno non efectuou o mantemento correspondente e se estragaron”, asegura Jiménez Morán, instaláranse colectores soterrados na avenida Luis Espada e nas rúas Galicia e Constitución, cun orzamento de 83.917,75 euros/cada unha.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>