Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Banco do Tempo de Verín edita un boletín informativo mensual
O Banco do Tempo de Verín edita un boletín informativo mensual PDF Imprimir Correo-e

O Banco do Tempo de Verín, a través da colaboración dos seus socios e socias, promove a edición dun boletín informativo de carácter mensual.

Devandito boletín está realizado polos 33 socios/as integrantes deste servizo, promovido desde o Concello de Verín, a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), e recolle artigos de opinión, receitas, trucos de beleza ou experiencias de intercambios entre os membros, entre outras cuestións

Por outra banda, nos últimos meses realizáronse obradoiros creativos -carteiras de cómic, cadros tridimensionais ou broches de tela- e saídas culturais. Todas estas actividades teñen como finalidade a dinamización das persoas integrantes do grupo, xa que son elas as que propoñen e desenvolven estas actividades, creando así unha cohesión grupal que servirá para animar a xente a participar neste servizo. 


O Banco do Tempo é un sistema de participación social pola cal os/as usuarios/as ofertan e demandan servizos nos que a unidade de intercambio é a hora. Unha persoa deposita unhas horas de tempo ofertando un servizo que desexe dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutras persoas para resolver necesidades e actividades da vida diaria. Para participar nesta iniciativa, aberta a todas as persoas maiores de 18 anos e empadroadas no concello de Verín e zonas limítrofes, é necesario facerse socio/a. Os/as socios/as recibirán unha lista actualizada con todas as actividades e servizos que ofertan as persoas que forman parte do banco; e a través da mediación da Axente do Tempo, realizaranse os intercambios. A inscrición para formar parte deste proxecto, o segundo da provincia tras Ourense, debe realizarse na oficina do Banco do Tempo do Concello de Verín (Tlf. 988-414776, Fax. 988-411900, e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), aportando unha fotografía e un documento válido de identificación (DNI, NIE, Pasaporte o Carné de Conducir).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>