Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Agustín Hernández visita Verín para anunciar a aprobación do proxecto sectorial do polígono industrial de Pazos
Agustín Hernández visita Verín para anunciar a aprobación do proxecto sectorial do polígono industrial de Pazos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Xaneiro 2010 14:20

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acompañado polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá a localidade ourensá de Verín, onde reiterou o seu compromiso co progreso desta zona da provincia e anunciou que na vindeira reunión do Consello da Xunta aprobará o proxecto sectorial de ampliación do Polígono Industrial de Pazos, onde se van a investir máis de 7,1 millóns de euros.


Hernández remarcou que con este paso poderase realizar o proceso expropiatorio ao longo do primeiro semestre deste mesmo ano e, despois do verán, proceder á licitación das obras necesarias para levar a cabo esta infraestrutura industrial. As obras de urbanización do parque industrial engadirán 152.088 metros cadrados á actual superficie do parque, dos que máis de 100.000 m2 corresponden a superficie lucrativa.

O responsable de Medio Ambiente do Goberno galego destacou ademais que, no referente ao polígono de Tamagos, estase a levar a cabo a información pública do impacto ambiental da totalidad do polígono que ten máis de 1’2 millóns de metros cadrados de solo industrial e conta cun orzamento de 43 millóns de euros. A Xunta está a desenvolver a primeira fase de 200.000 metros cadrados.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas visitou Verín o pasado mes de xuño, visita na que se comprometeu co alcalde e cos empresarios da zona, cos que mantivo unha reunión, a impulsar os investimentos en solo industrial co obxecto de recuperar o tempo perdido pola anterior Xunta. Hoxe, Hernández  destacou que o Goberno galego ten a intención de cumprir e axilizar os compromisos asumidos porque Verín ten un importante déficit de solo industrial.

Importancia estratéxica



Ambas infraestruturas son de gran importancia estratéxica, xa que se atopan ubicadas moi preto do norte de Portugal, polo que servirán para dar un grande impulso ás empresas de toda a comarca de Verín e para captar investimentos máis aló da fronteira.

A Xunta de Galicia considera prioritarias estas actuacións, polo que está a traballar para axilizar estas infraestruturas, xa que o crecemento económico desta comarca depende moi directamente destes polígonos.

Vilardevós-Soutochao

Nesta comarca tamén estanse a levar a cabo outras actuacións como o acondicionamento da estrada OU-310, no treito Vilardevós-Soutochao e na que se están a mellorar as condicións de seguridade e tránsito. Tamén se inclúe a mellora do trazado excepto en 1.700 metros, concretamente no pk. 14+630/16+560. A obra xa está adxudicada e en breves datas procederase a sinatura do contrato para iniciar os traballos de execución.

Esta actuación ten unha lonxitude de 8,8 quilómetros e conta cun orzamento de  case 1.800.000 euros. Ao finalizar, a estrada contará con dous carrís de 3 metros de ancho cada un. Para realizar as melloras propostas levarase a cabo unha escavación de 38.341 metros cúbicos de terra e empregarase no acondicionamento máis de 24 toneladas de mestura bituminosa en quente, e procederase a súa sinalización e balizamento.

A Xunta de Galicia está a realizar nesta comarca obras en materia de saneamento e abastecemento, por un importe de máis de 1,4 millóns de euros. Concretamente, estanse a executar actuacións na Estación de Tratamento de Augas Pluviais (ETAP) de Verín e obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e no saneamento desta mesma localidade.

No pasado mes de xuño, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas visitou o inicio das actuacións da EDAR, que rematarán neste mesmo verán e onde se están a investir máis de 1,2 millóns de euros. Así mesmo, as distintas actuacións na ETAP teñen previsto o seu remate no vindeiro mes de abril.

Servizo regular Verín-Chaves


Por último, cabe sinalar que estase a punto de rematar un estudo para o establecemento dunha liña de autobús regular entre as localidades de Verín e Chaves (Portugal), dentro do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín. Este estudo presentarase nos vindeiros meses nunha reunión dos responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, concellos de Chaves e Verín.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>