Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acollerá un Concerto Solidario a favor de entidades sociais da comarca
Verín acollerá un Concerto Solidario a favor de entidades sociais da comarca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Marzo 2025 14:14

O vindeiro 29 de marzo, o Auditorio Municipal de Verín será o escenario dun Concerto Solidario, unha iniciativa do Conservatorio Profesional de Música de Verín e da sua ANPA en colaboración con diversas entidades sociais da comarca. O evento busca recadar fondos e dar visibilidade ao labor de organizacións Femuro, Cáritas, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas e a Asociación Española Contra o Cancro.


A programación do concerto inclúe as actuacións da Minibanda CMUS de Verín, a Banda de Música de Verín, o Coro do CMUS de Verín, a Coral de Verín e os acordeóns "Sons do Mestremiro". Ademais, dende as 19:00 horas, os asistentes poderán visitar diversos stands informativos das entidades colaboradoras antes do inicio do concerto, previsto para as 20:00 horas.

O concelleiro responsable da área de Conservatorio, Diego Lourenzo, destacou a importancia deste evento: "Este concerto non só é unha mostra do talento musical do noso conservatorio e das agrupacións locais, senón que ademais pon en valor a solidariedade da nosa vila. Convidamos a toda a cidadanía a participar e a apoiar estas entidades que traballan a diario para mellorar a vida de moitas persoas".

A entrada ten un custo de 5 euros e pódese adquirir no Auditorio Municipal e nos puntos de venda habilitados polas entidades solidarias colaboradoras.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>