Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín traballa para que a xente nova teña un espazo O Festival Internacional de Curtas Vía X
O Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín traballa para que a xente nova teña un espazo O Festival Internacional de Curtas Vía X PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Marzo 2025 14:35

O FIC Vía XIV abre as inscricións para o seu Xurado Novo, que será o encargado de nomear o filme gañador do‘Premio Xurado Novo’ neste décimo aniversario do festival. Tras o éxito do ano pasado, o FIC Vía XIV de Verín fortalece a súa aposta pola participación da mocidade nos festivais de cinema.


‘É fundamental que a xentenova teña un espazo de seu en eventos deste tipo, xa que esta é a maneira de potenciar a educación cultural,así como de ter novas miradas fóra dos círculos normativos da cultura”, afirma Carlos Montero, director do festival. As inscricións para participar no Xurado Novo están abertas dende hoxe, 14 de marzo, ata o vindeiro 10 de xuño, e poden realizarse a través da páxina web do festival.

O pasado 2024 foi o primeiro ano no que o FIC Vía XIV contou coa participación dun Xurado Novo. Dende ofestival resaltan a riqueza que aportou ao evento a participación de xente nova da contorna. “A esencia do FIC Vía VIX reside en ser un espazo cultural aberto á cidadanía. Queremos que todo o mundo sinta que o festivaltamén é seu, xa que nos nutrimos de novas olladas e propostas”, explica Carlos Montero.

O Xurado Novo estará conformado por cinco persoas de entre 16 e 30 anos. Pode presentarse quen o desexe, aínda que se valorarán a colaboración en proxectos culturais ou artísticos, que cursen estudos relacionados co audiovisual ou que teñan relación con Verín e a súa contorna. As persoas que sexan seleccionadas, poderán participar do festival dende dentro, tendo a oportunidade de ver como funciona a equipa e como se estrutura un evento audiovisual destas características. Deste xeito, o FIC Vía XIV tamén se erixe como un espazo quepode xerar futuras experiencias laborais, xa que coñecer un festival dende dentro, entrar en contacto coa equipa e artistas, pode chegar a ser moi nutritivo para futuras carreiras profesionais. Ademais, todas as persoas inscritas, sexan ou non seleccionadas, recibirán pases gratuítos para asistir ás proxeccións oficiais dofestival.

As persoas interesadas deberán consultar as bases completas de participación na web oficial do festival, a través da quetamén se poderán inscribir. Dende a organización animan á mocidade

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>