Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CMUS de Verín promove a iniciativa “Arte e Música” cun gran sorteo de 5 obras de arte
O CMUS de Verín promove a iniciativa “Arte e Música” cun gran sorteo de 5 obras de arte PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Febreiro 2025 08:16

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín (CMUS), en colaboración coa súa ANPA e co apoio do Concello de Verín, presenta a iniciativa “Arte e Música”, unha acción solidaria que culminará cun gran sorteo de 5 obras de arte durante a súa Gala de Fin de Curso o 7 de xuño de 2025 no Auditorio de Verín.


O sorteo contará con cinco obras doadas por recoñecidos artistas locais, entre elas:

  • "Los guerreros de la Paz", de Fernando Barreira
  • "Atardecer en el mar", "Natureza morta" e "Flores", de Xosé Rivada
  • "Peliqueiros 1925", de Rafael Castro

A recadación obtida a través desta iniciativa destinarase á compra de instrumentos musicais para o CMUS e a unha saída educativa para as súas alumnas e alumnos.

Procedemento do sorteo

Durante a Gala de Fin de Curso, extraeranse os nomes das obras dunha bolsa e asignaráselles un número de orde. Posteriormente, sortearase un número de boleto para cada obra. Os números premiados serán publicados nas redes sociais e nos taboleiros do CMUS.

Se os premios non son reclamados antes do 15 de xuño de 2025, sortearanse entre os números de reserva e poderanse recoller ata o 22 de xuño de 2025. Se os cadros non son reclamados tras esgotar os números de reserva, pasarán a formar parte do patrimonio artístico do CMUS.

Como participar?

Póñense á venda 4.000 rifas, a un prezo de 2 euros por rifa. Os fondos recadados contribuirán ao impulso do CMUS como espazo de formación e creación musical na comarca de Verín.

O evento conta co apoio da ANPA do CMUS, do Concello de Verín e da Banda do Conservatorio, reafirmando o compromiso con proxectos culturais que unen arte, música e educación.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>