Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CEIP Medeiros deseña o Cartel Oficial Desfile Infantil do Entroido 2025 de Verín
O CEIP Medeiros deseña o Cartel Oficial Desfile Infantil do Entroido 2025 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Febreiro 2025 16:21

O CEIP Medeiros deseña o cartel oficial que representará o vindeiro Desfile Infantil do Entroido 2025, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.



Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CEIP Medeiros.

Tras elaborar este centro dous carteis, a elección do deseño oficial realizouse mediante votación entre representantes dos centros educativos participantes no desfile: CRA Monterrei, CEIP Plurilingüe Vendas da Barreira, CEIP Augusto Assia A Mezquita, CPR María Inmaculada, PAI de Riós, CEIP Plurilingüe Raúl Fernández Castrelo do Val, CEIP Rodolfo Núñez Vilardevós, CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, CPR Mercedarios e IES García Barbón; así como das Casas Niño de Albarellos ("Aloumiño"), Castrelo do Val ("Cuquiños"), Cualedro ("Aprendo Xogando"), Vilardevós ("Lala" e "Garabatos"), Pepín ("As Avelaiñas"), Vilaza ("O Principiño") e Vences ("Enredos").

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>