Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido de Verín 2025
Aberto o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido de Verín 2025 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2025 12:50

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o luns 24 de febreiro, ás 19:00 horas.



A orde de colocación no desfile será determinada pola organización. As comparsas ou carrozas que non se inscriban dentro do prazo establecido e se presenten directamente no desfile serán colocadas ao final do mesmo.


INSCRICIÓN

As persoas interesadas en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información Turística de Verín para formalizala.

Tamén poderán realizar a inscrición a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , enviando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos da persoa representante do grupo:
  • Nº de teléfono:
  • Nome da carroza ou comparsa:
  • Nº de participantes:
  • Se levan vehículo ou plataforma móbil (indicar medidas):
  • Se levan música:

Tamén se poderá realizar a inscrición a través do teléfono 988 411 614. O horario da Oficina de Turismo é de luns a venres, de 09:30 a 14:30 h pola mañá e de 16:30 a 19:00 h pola tarde.


DESFILES

Os desfiles iniciaranse na Avenida de Castela nos seguintes horarios:

  • Domingo 2 de marzo: saída ás 12:00 horas.
  • Martes 4 de marzo: saída ás 16:30 horas.

As comparsas ou carrozas que participen no desfile deberán estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída para que a organización poida colocalas na súa posición e garantir o comezo puntual. A concentración será na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

As carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da N-525, chegando ata a rotonda da Casa do Escudo. Se desexan dar a volta, deberán quedar no carril dereito e agardar a que remate o desfile para continuar cara ao seu destino.

É fundamental deixar sempre un carril libre para os vehículos de servizos de emerxencia durante a espera.


RECOMENDACIÓNS

  • Recoméndase evitar paradas prolongadas para que non se produzan grandes distancias entre os grupos participantes. Sigan sempre á comparsa, carroza ou charanga que teñan diante sen deixar moitos metros de separación.
  • Os vehículos a motor que non conten co seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do Concello para os desfiles. Neste caso, recoméndase que a carroza ou comparsa contrate o seu propio seguro para o evento.
  • Os vehículos que fosen modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque adaptado ao evento deberán levar consigo un extintor.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>