Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle o espectáculo de circo e Danza "Disculpa si te presento como que no te conozco"
Verín acolle o espectáculo de circo e Danza "Disculpa si te presento como que no te conozco" PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Novembro 2024 13:24

O vindeiro 7 de decembro, ás 20:30 horas, o Auditorio de Verín será o escenario do espectáculo solidario "Disculpa si te presento como que no te conozco", unha obra de danza e circo contemporáneo creada por Miguel Barreto e Pablo Parra, integrantes da compañía La Pequeña Victoria Cen. As entradas, cun custo de 8 euros, están dispoñibles en ataquilla.com, e a recadación destinarase integramente a apoiar as labores de reconstrución nas zonas afectadas pola recente DANA en Valencia.


"Disculpa si te presento como que no te conozco" é o froito de tres anos de creación, onde dous corpos en escena exploran a simetría, a duplicidade e a ambigüidade para compoñer imaxes sorprendentes, diálogos acrobáticos e escenas oníricas. A obra convida o espectador a reflexionar sobre a identidade e a relación co outro, permitindo que cada persoa constrúa a súa propia interpretación a través da danza e do circo.

Este espectáculo, coproducido entre Valencia e León, está organizado polo Concello de Verín, que reafirma o seu compromiso coa cultura e a solidariedade. A recadación íntegra será doada á Generalitat Valenciana, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para apoiar as labores de reconstrución nas zonas afectadas pola recente DANA.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>