Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín contará cunha nova gardería pública grazas a unha subvención de máis de 700.000 euros
Verín contará cunha nova gardería pública grazas a unha subvención de máis de 700.000 euros PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Novembro 2024 17:49

O Concello de Verín vén de anunciar a creación dunha nova gardería pública para nenos de 0 a 3 anos, que ademais será xestionada directamente polo propio municipio. Este proxecto será posible grazas a unha subvención de 710.821,10 euros concedida pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia – a través dos fondos europeos Next Generation, para a creación de devandito centro. A iniciativa permitirá atender unha demanda histórica das familias do municipio, ampliando e mellorando os servizos públicos esenciais.


Desde o grupo de goberno salientaron a importancia deste investimento: «Este proxecto responde a unha necesidade longamente reclamada pola nosa veciñanza. Con esta nova gardería, Verín dá un paso adiante en conciliación, educación e apoio ás familias, piares que consideramos fundamentais para o desenvolvemento da nosa comunidade».

Unha infraestrutura clave para Verín

A nova gardería pública non só ampliará a oferta educativa para os máis pequenos, senón que tamén xerará un impacto positivo en diversos ámbitos:

 

  • Conciliación laboral e familiar: Permitirá ás familias traballadoras acceder a un servizo esencial público que lles permitirá equilibrar as súas responsabilidades.

 

  • Desenvolvemento infantil: Garantirá educación e coidado de calidade nunha etapa decisiva para o desenvolvemento dos menores.

 

  • Revulsivo económico e social: A creación do centro xerará emprego local e mellorará a calidade de vida no municipio, fortalecendo o seu atractivo como lugar para vivir e formar familia.

A construción desta nova infraestrutura reforza o compromiso do Concello de Verín coas políticas sociais e o benestar de todos os verineses e verinesas. Con este investimento, Verín avanza cara a un modelo máis inclusivo e equitativo, que aposta polo futuro das familias e o desenvolvemento sostible do territorio.

Esta novo centro educativo infantil é posible grazas á concesión dunha subvención enmarcada no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do mecanismo NextGenerationEU. Os fondos, canalizados pola Consellería de Política Social e Igualdade, están destinados á modernización e dixitalización do sistema educativo, incluíndo a educación temperá de 0 a 3 anos, tal e como establece o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello. Este apoio europeo reflicte o compromiso de apostar por un modelo educativo máis inclusivo e adaptado ás necesidades actuais.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>