Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Arte, reflexión e música: así será a V Gala da Igualdade no Auditorio Municipal
Arte, reflexión e música: así será a V Gala da Igualdade no Auditorio Municipal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Novembro 2024 12:51

O vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a V Gala da Igualdade, un evento que combina cultura, música e compromiso cos valores da xustiza, igualdade, non violencia e inclusión. Este ano, a gala rende homenaxe a Santa Icía, patrona da música e das persoas dedicadas a esta arte, nunha celebración aberta a toda a cidadanía con entrada gratuíta.


A xornalista verinesa Nora Sola será a encargada de conducir a velada, que contará cun variado e completo programa:

  • Actuacións musicais do alumnado do CMUS, amosando o talento e a creatividade das novas xeracións.
  • A inauguración dunha nova Aula Homenaxe dedicada a unha muller pioneira no ámbito da música, subliñando a importancia de recoñecer referentes femininos no eido da cultura. 
  • A presentación da obra artística "Son do encanto" de Marilar Salgado, unha creación que mestura arte e compromiso social.
  • A presentación do libro "Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas", coa intervención da filósofa e escritora Carme Adán, quen aportará unha reflexión sobre a citada obra. 

  • Actuacións musicais de grupos Silveiras do Támega e o Dúo Vintage, que poñerán o broche musical á celebración.

Como colofón, ofrecerase unha chocolatada para compartir un momento de convivencia e desfrute colectivo.

A V Gala da Igualdade, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín, a súa ANPA e o Concello de Verín, representa unha oportunidade única para destacar a importancia da igualdade de xénero a través da música, a arte e o pensamento crítico. Dende o Concello de Verín convidamos a toda a veciñanza a participar e gozar dun evento que combina tradición, cultura e compromiso coa xustiza social.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>