Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín Inicia un novo Plan Integral de Asfaltado de Rúas cun investimento de 648.000 Euros, comezando co acceso desde a N-532 ao polígono de Pazos
O Concello de Verín Inicia un novo Plan Integral de Asfaltado de Rúas cun investimento de 648.000 Euros, comezando co acceso desde a N-532 ao polígono de Pazos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Novembro 2024 17:30

O Concello de Verín puxo en marcha un plan integral de asfaltado de rúas, cunha inversión total de 648.000 euros, cofinanciado pola Deputación de Ourense e fondos propios municipais. O proxecto, que inclúe intervencións en diversas vías principais da vila, arrancou esta semana coa pavimentación do acceso ao polígono industrial de Pazos, unha actuación que mellorará a conexión coa Nacional-532 e permitirá un acceso máis directo á zona industrial sen pasar polo centro urbano de Verín.


O alcalde de Verín, Gerardo Seoane: o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor; e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, visitaron hoxe – xunto a outras autoridades-  as obras en Queizás para supervisar o avance deste primeiro tramo. Esta mellora, cun investimento de 48.000 euros, forma parte dunha estratexia máis ampla de renovación viaria que busca facilitar a mobilidade, mellorar a infraestrutura e aumentar a calidade de vida dos veciños.

O plan de asfaltado non se limita ao acceso ao polígono industrial, senón que tamén contempla unha serie de actuacións en varias zonas clave de Verín: 

  • Avenida de Portugal ao polígono de Pazos: tras a a pasada execución da nova ponte de Queizás por parte do Concello, completarase o acceso directo ao polígono desde a Avenida de Portugal, permitindo que os vehículos non teñan que atravesar o centro de Verín.
  • Estrada de Vences: transferida ao Concello de Verín pola Deputación de Ourense no ano 2023, esta vía contará agora co asfaltado final.
  • Acceso ao hospital desde carretera Vilela: creación dun segundo acceso ao hospital desde o oeste, evitando a conxestión na estrada de Laza.

Ademais, o entorno de Fontenova tamén experimentará significativas melloras:

  • Rúa das Flores, urbanización Cabido e prolongación de Espido: O Concello abrirá e mellorará varias rúas nesta área, conectando a prolongación de Espido co Camiño Vello de Sousas e creando un acceso principal a Fontenova.

Cabe destacar que en todas as áreas onde se están realizando as obras de asfaltado, as infraestruturas subxacentes foron previamente executadas con fondos municipais. «Grazas a este investimento inicial do Concello de Verín, as obras de asfaltado están agora en condicións de realizarse de forma eficiente e duradeira, maximizando o beneficio para a cidadanía e minimizando futuros custos de mantemento», explicou Gerardo Seoane.

Este plan plurianual de asfaltado (orzamento total: 648.000 euros) está financiado en 348.000 euros pola Deputación de Ourense a través do programa CooperOU, mentres que o Concello de Verín achega 300.000 euros adicionais. No que se refire ao  acceso a Fontenova o Concello aporta un importe de 120.000 euros. Nas obras na urbanización Cabido, a inversión de 176.000 euros será tamén financiada integramente polo ente municipal. Por último, as actuacións de asfaltado do acceso ao hospital desde Vilela están financiadas ao completo pola deputación provincial.

O alcalde de Verín agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense, que permitiu materializar este proxecto acordado por todos os grupos políticos, e subliñou a importancia deste apoio financeiro, que actúa como «axente multiplicador da inversión municipal».Seoane tamén pediu comprensión á cidadanía, recordando que, se ben as obras se realizarán de forma progresiva, «Estas actuacións están deseñadas para beneficiar ao conxunto da poboación de Verín e mellorar de forma sostible a súa infraestrutura viaria».

O Concello planea continuar con este plan de mellora das infraestruturas a medida que avance a lexislatura, priorizando as áreas con maior densidade de poboación e maior necesidade de renovación viaria.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>