Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Expertos galegos e internacionais analizan a tese pioneira de Eloy Luis André sobre a melodía da fala
Expertos galegos e internacionais analizan a tese pioneira de Eloy Luis André sobre a melodía da fala PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Outubro 2024 15:48

Esta mañá tivo lugar en Verín a presentación oficial do estudo e libro "As curvas melódicas da fala en diferentes linguas vivas", obra asinada por Aurora Prieto, Patrick Feaster, Xosé Ramón García Soto, Miguel Losada e Vicente R. Justo, un equipo internacional multidisciplinar de expertos. O traballo está baseado na análise e estudo da tese de doutoramento de D. Eloy Luis André (1876-1935), pioneiro da investigación lingüística galega e natural de Mourazos, Verín.


O evento contou coa participación de Vicente R. Justo e Aurora Prieto, responsables da Biblioteca de Verín, así como intervencións de Miguel Losada, etnógrafo experto en xestión do patrimonio e, por videoconferencia, de Xosé Ramón García Soto, facultativo psicólogo especialista en Psicología Clínica do Equipo de Salud Mental Infanto-Juvenil de Burgos,

A obra, froito de colaboracións nacionais e internacionais, inclúe a análise de expertos como Xosé Ramón García Soto, Patrick Feaster, da Universidade de Indiana (EE.UU.), e Miguel Losada. A transcrición da tese orixinal foi realizada por Rubén Couto e Monika del Castillo, mentres que a tradución ao galego foi obra de Rubén Couto Sánchez, con maquetación a cargo de Carme García Sadormil.

A tese de D. Eloy Luis André, realizada en Leipzig entre 1910 e 1911, baixo a supervisión do prestixioso Dr. Wilhelm Maximilian Wundt, é un estudo pioneiro sobre a melodía da fala en diversas linguas, incluíndo a galega. Este traballo colocou a lingua galega nun contexto internacional, á par doutras linguas estudadas na época. A Biblioteca de Verín conserva como parte deste legado cinco obxectos únicos en España: os rolos de papel empregados para a impresión dos sons analizados, incluíndo a voz do propio D. Eloy.Luis André.

O libro e o estudo presentado esta mañá destacan pola súa importancia histórica e científica, e teñen como obxectivo rescatar do esquecemento a figura de D. Eloy Luis André, proporcionando unha base sólida para futuras investigacións no campo da linguaxe e a psicoloxía experimental.

Ciclo de actividades dedicadas á figura de D. Eloy Luis André

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín, organizan un ciclo de actividades dedicadas á figura de D. Eloy Luis André, un dos máis relevantes intelectuais galegos, escritor, pensador e introdutor da psicoloxía moderna en España. Nado en Mourazos en 1876 e falecido en Madrid en 1935, a súa traxectoria será revisada dende múltiples enfoques ao longo do mes de outubro.

O vindeiro día 24 terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura a seguinte ponencia temática a cargo dos participantes desta obra colectiva, “Descubrindo as curvas melódicas da fala”

O ciclo finalizará o finalizará o 31 de outubro coa presentación da obra “Tras o lume: esquecementos e lembranzas” de Carlos Thiébaut

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>