Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas «Éxito rotundo» na IV edición da Festa da Cervexa de Verín, con máis de 5.000 asistentes e un notable aumento nas vendas
«Éxito rotundo» na IV edición da Festa da Cervexa de Verín, con máis de 5.000 asistentes e un notable aumento nas vendas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Outubro 2024 11:39

A IV edición da Festa da Cervexa consolídase como un dos festexos máis agardados do ano na comarca. Segundo reflicten os datos oficiais, o evento atraeu a máis de 5.000 persoas que gozaron na vila do Támega de dúas xornadas marcadas pola boa música e a mellor oferta cervexeira e gastronómica.


Segundo confirman os stands participantes, un dos puntos máis destacados do evento foi o notable aumento nas vendas respecto á edición do ano pasado. Ademais, o 90% dos postos de comida e bebida presentes no festival xa manifestaron a súa intención de participar novamente en futuras edicións, destacando a excelente organización e o ambiente festivo.

Satisfacción xeral dos postos participantes

Segundo unha enquisa realizada entre os postos instalados na carpa, os resultados reflicten un alto nivel de satisfacción en varios aspectos do festival, con valoracións sobresaíntes en aspectos como a localización do evento (9/10); a oferta musical (10/10); a organización do mesmo (10/10); a limpeza do recinto (10/10); ou a propia calidade da carpa (10/10).

Éxito musical e ambiente festivo

A programación musical, composta polas bandas The Tetas' VanGin Toni´s, foi un dos principais atractivos, con concertos no interior da carpa que lograron unha valoración sobresaínte por parte dos asistentes. As actuacións en directo contribuíron a crear un ambiente festivo, que complementou a ampla variedade de cervexas e a oferta gastronómica dispoñible.

Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras do Concello de Verín, mostrouse moi satisfeito co «éxito rotundo» desta cuarta edición. «Desde a organización estamos moi ledos de ter conseguido unha resposta tan positiva por parte do público e dos postos participantes. O notable aumento nas vendas respecto ao ano pasado, así como as excelentes valoracións sobre a organización desta edición da festa da cervexa, son un claro indicador de que estamos no bo camiño».

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>