Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Alerta laranxa en Verín por vento e choiva
Alerta laranxa en Verín por vento e choiva PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Outubro 2024 17:29

O Concello de Verín informa que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a través do 112 Galicia, decretou unha Alerta Laranxa para toda a comunidade autónoma debido a un fenómeno meteorolóxico adverso, con previsión de fortes choivas e ventos intensos.


Segundo os datos facilitados polos servizos meteorolóxicos, este episodio de mal tempo afectará á comarca de Verín do seguinte xeito:

Data de inicio: Mércores, 9 de outubro de 2024
Choivas intensas: A partir das 00:00 horas
Ventos fortes: Refachos de ata 100 km/h a partir das 08:00 horas

Ante estas previsións, o Concello de Verín tomará as seguintes medidas preventivas para garantir a seguridade da cidadanía:

Peche de accesos a parques e xardíns: Dende esta noite e ata que remate a situación de alerta, os espazos públicos como parques e xardíns estarán pechados ao público.

Recomendacións á poboación: Solicitamos á veciñanza que extreme as precaucións, evite desprazamentos innecesarios e permaneza atenta ás actualizacións meteorolóxicas, así como ás indicacións das autoridades.

Desde o Concello de Verín, recordamos a importancia de seguir as recomendacións dos servizos de emerxencia e manterse informados a través dos medios oficiais. O 112 Galicia está dispoñible para atender calquera incidencia relacionada con este fenómeno meteorolóxico.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>