Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTIVIDADE DE KARATE NO CONCELLO
ACTIVIDADE DE KARATE NO CONCELLO PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Setembro 2024 22:31

A área de deportes do Concello de Verín vén de acadar unha interesante colaboración para incrementar a oferta deportiva na nosa bisbarra. O Clube "Mizukami" impartirá clases de Karate no pavillón municipal de Verín a partires do 23 de setembro. Os horarios das sesión, durante todo o inverno, estarán configurados entre os luns (de 18.30 a 20.30 h) e os mércores (de 17.30 a 19.30 h). As idades dos alumnos que desexen participar estarán comprendidas dende os 4 anos en adiante e a disciplina está dirixida tanto para nenos como para adolescentes.

O Clube Mizukami conta cun equipo de instructores altamente cualificados e experimentados, liderados por Juan Manuel Pazos (4º DAN de Karate Shotokan) e Noel Pazos (2º DAN) e a súa actividade está certificada pola Federación Galega de Karate, dedicándose a proporcionar un ensino de alta calidade que se adapta ás necesidades individuais de cada alumnmo.. Non obstante, xa contan con numerosos alumnos en outras sedes que participan en Campionatos galegos e nacionais.

Para todos os interesados en probar esta actividade, o Clube Mizukami establece a semana do 23 e o 25 de setembro como "SEMANA DE PORTAS ABERTAS" para que os alumnos podan experimentar de primeira man esta disciplina e ver se se adaptan a ela. A convocatoria está fixada para que os rapaces se acheguen ao pavillón municipal eses dous días: 23 de setembro (18.30 h) e o 25 de setembro (17.30 h).

Máis información: Clube de Karate Mizukami (697.51.64.42.).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>