A Eurocidade de Chaves-Verín, AECT, acolle o primeiro programa de Mentoring Transfronteirizo para a Xuventude do territorio |
Xoves, 11 Xullo 2024 12:18 |
As Xornadas Xuventude Mentoring Transfronteirizo, os días 17 e 18 de xullo, son organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e desenvólvense no marco do proxecto Eurocidade 2030, coordinado por Eurocidade Chaves-Verín, AECT, coa colaboración dos demais socios: IPDJ - Instituto Portugués do Deporte e Xuventude, FNAJ - Federación Nacional de Asociacións Xuvenís, e Fundación Galicia Europa. A actividade, destinada a mozos e mozas entre 18 e 30 anos, terá lugar na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT. Esta iniciativa ten como principal obxectivo crear un espazo de formación, participación e interacción entre os mozos e mozas participantes. Ao longo de dous días realizaranse diversas actividades co obxectivo de potenciar as competencias de emprego dos participantes. Os mozos e mozas aprenderán dinámicas de Mentoría, Taller Lego Serious Play e Gamification. As Xornadas estimularán a creatividade dos mozos e mozas participantes na Eurocidade, para que atopen solucións orixinais e alternativas aos problemas que atopan na procura de emprego. Neste sentido, os mozos e mozas terán apoio no coñecemento e valorización do territorio, no reforzo da identidade e na posibilidade de establecerse profesionalmente de forma que contribúan ao desenvolvemento do mesmo. A participación nas Xornadas Xuvenís Mentoring Transfronteirizo é gratuíta pero a inscrición é obrigatoria (prazas limitadas) ata o 12 de xullo. Están incluídos na actividade: comidas, cea, unha noite de aloxamento e Coffe break. Para máis información e inscricións poden consultar a seguinte ligazón: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/28914-xornadas-xuventude-mentoring-transfronteirizo-eurocidade-2030 Esta actividade é unha acción do proxecto EUROCIDADE 2030, aprobado no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, con cofinanciamento do FEDER. |