Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A XVII Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador
A XVII Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Xullo 2024 18:26

A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta con cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Raúl López Martín, foi elixida entre un total de 73 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.

O autor desta obra, presentada baixo o lema “Tradición”, é licenciado en Belas Artes e traballa como deseñador gráfico. Participante en diversos concursos de carteis, gañou algúns deles como San Fermín 2023, Aste Nagusia Bilbao, Entroido de Bilbao, Semana Santa de Callosa de Segura (Alacant), Feira e Festas de Lora del Río (Sevilla), Festival de Cinema de Terror de Molins de Rei (Barcelona), Festival Internacional de Cinema de Animación (Basauri-Bizkaia) ou os das Festas de Tudela, Estella, Tafalla, Barañáin, Huarte, Atarrabia, Corella ou Calahorra, entre outros.

O xurado encargado de elixir o cartel anunciador estivo conformado por Ernesto Rodríguez, vogal e representante do Consello Regulador da D.O. Monterrei; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica, Fernando Barreira, artista plástico, e María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios.

Sobre a D.O. Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 720 hectáreas de territorio nas que traballan 375 viticultores.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>