O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas |
Luns, 17 Xuño 2024 13:22 |
O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas. O mesmo terá lugar entre o 1 xullo e 30 de setembro, en horario de 9:00 a 15:00 horas. As persoas que superen este curso, de 388 horas, obterán un certificado de profesionalidade nivel 2 que os habilitará para velar pola seguridade dos usuarios de piscinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. Requisitos - Estar en posesión do título da ESO ou competencias clave nivel 2 - Certificado de estar inscrito no INEM como desempregado. As persoas interesadas en inscribirse ou ampliar información poden facelo a través do teléfono 988 41 00 00 ou na Casa do Concello no segundo andar, concellería de Benestar Social (Rosario Rodríguez).
Datas do curso: 01/07/24 ao 30/09/24 Horario: 09:00 a 15:00 horas |