A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, acolle a presentación do proxecto Transfiresaúde |
Sábado, 15 Xuño 2024 10:20 |
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, acolle a presentación, o próximo 27 de xuño, do proxecto Transfiresaúde cuxo obxectivo principal é reforzar, na Euro Rexión Galicia- Norte de Portugal, o ecosistema de investigación e innovación en saúde. O evento terá lugar no Hotel Aquae Flaviae - Premium, en Chaves, e contará coa presenza dos representantes dos socios do proxecto onde, ademais da presentación do proxecto e dos seus obxectivos, se debaterán temas como Tecnoloxía, Innovación e Intelixencia Artificial en Saúde, Formación e Traballo e o papel da investigación en saúde na promoción da medicina de precisión personalizada: énfase especial na atención primaria. A presentación do proxecto é de entrada libre, pero de inscrición obrigatoria sendo as vacantes limitadas. O evento está dirixido a profesionais da área e ao público en xeral. Os interesados deberán facer a súa inscrición, ata o día 25 de xuño, a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSejjvupHYzgQ-CUumFGVZrXAXScBql1pIztzlmavRFy0QY6xg/viewform Este proxecto ten como principais obxectivos fortalecer o ecosistema euro rexional de investigación e innovación, en saúde, para o desenvolvemento conxunto de accións enfocadas na adopción de solucións innovadoras, principalmente no ámbito da Intelixencia Artificial, facer fronte aos desafíos relacionados co envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada, preferentemente en torno á atención primaria de saúde. Transfiresaúde está coordinado pola Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e ten como socios, ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Innovación da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), a Universidade de Vigo, o Instituto de Investigación e Innovación en Saúde da Universidade de Porto, o Centro Clínico Académico-Braga, a Asociación Centro de Medicina P5, o INESC TEC - Instituto de Enxeñería de Sistemas e Computadores, Tecnoloxía e Ciencia e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Esta acción desenvólvese no marco do proxecto TRANSFIRESAÚDE aprobado polo Programa INTERREG VI-A de Cooperación España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, con cofinanciamento do FEDER. |