Conferencia sobre Mindfulness con el Dr. Giuseppe Altamore Caruso |
Martes, 21 Maio 2024 10:05 |
O próximo xoves 23 de maio, ás 19:30 horas, terá lugar unha conferencia sobre Mindfulness no Salón de Actos, impartida polo Dr. Giuseppe Altamore Caruso, licenciado en Medicina e Cirurxía, con numerosos cursos sobre Mindfulness e redución do estrés pola Universidade Autónoma de Madrid. A mesma está organizada pola Biblioteca Municipal de Verín O Mindfulness é unha das técnicas máis avanzadas para a xestión do estrés. Esta conferencia ten como obxectivo introducir aos participantes nesta disciplina, nos seus beneficios e no compromiso que deben asumir, realizando unha práctica formal sinxela. Durante a conferencia, presentarase o programa completo dun curso de catro semanas, que inclúe sesións os luns e xoves (de 20:30 a 22:00 horas), do 3 ao 27 de xuño. Este programa comeza coa atención consciente á respiración, seguida de desenvolvemento teórico e práctica meditativa en silencio, nunha postura corporal establecida e con movementos sinxelos como camiñar, para aumentar a conciencia corporal e recoñecer que as sensacións físicas preceden aos pensamentos e outras actividades cerebrais xeradoras de estrés. O curso é gratuíto, con aforo limitado, previa inscrición ao final da conferencia do 23 de maio. Giuseppe Altamore Caruso, nacido en Catania, Italia, en 1949, é licenciado en Medicina e Cirurxía, especialista en Cirurxía Xeral e Dixestiva. Completou numerosos cursos e programas de redución de estrés baseados en Mindfulness na Universidade Autónoma de Madrid (UAM) desde 2017. Ademais, é diplomado en Mindfulness pola Universidade de Brown (EEUU), con formación recibida na UAM en maio de 2021. Programa do Curso:
|