Pleno Extraordinario | 13 de maio |
Luns, 13 Maio 2024 19:40 |
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. Aprobación da acta da sesión anterior. 2. Expediente 3512/2020. Solicitude de modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais na CHD. 3. Expediente 2186/2024. Modificación de créditos. 4. Expediente 2051/2024. Modificación de créditos.
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais na Confederación Hidrográfica do Douro derivadas do río Támega no Concello de Verín para incluír no mesmo o abastecemento para a localidade de Vilamaior (Verín). Este punto foi ratificado por unanimidade. Por outra banda, o pleno tamén aprobou, por 11 votos a favor (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, unha modificación de créditos correspondente aos gastos derivados da renovación necesaria na frota de vehículos do Servizo de Parques e Xardíns, por un importe de 30.000 euros. Na sesión plenaria, tamén se aprobou outra modificación de créditos con 11 votos a favor (6 do PSdeG-PSOE e 5 do BNG) e 4 en contra do Partido Popular. Este reaxuste é necesario para cubrir gastos urxentes que non se poden atrasar ata o próximo ano fiscal. É importante sinalar que máis do 80 por cento desta variación orzamentaria está financiada con convenios xa asinados coa Comunidade Autónoma e transferencias da Deputación Provincial de Ourense, mentres que o restante é cuberto con baixas en outras partidas do orzamento. O expediente adopta a modalidade de créditos extraordinarios e detállanse a continuación: DETALLE DE PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN (ESTADO DE GASTOS):
TOTAL: 932.249,10 euros
FINANCIAMENTO: Esta modificación de crédito finánciase con transferencias de capital en cumprimento de convenios subscritos coa Comunidade Autónoma e con transferencias de Deputacións. A continuación, detállase o financiamento por cada partida: DETALLE DE PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN (ESTADO DE INGRESOS):
TOTAL: 806.767,61 euros
Ao finalizar este pleno, a sala acolleu outra sesión extraordinaria na que se realizou o correspondente sorteo dos membros das mesas electorais das eleccións ao Parlamento Europeo 2024. |