Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Eurocidade presenta os resultados do proxecto Erasmus + "Xóvenes Embaixadores Dixitais"
Eurocidade presenta os resultados do proxecto Erasmus + "Xóvenes Embaixadores Dixitais" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Marzo 2024 16:59

A presentación dos resultados do proxecto Erasmus+ "Xóvenes Embaixadores Dixitais para PYME" terá lugar o día 26 deste mes, ás 10H30 ES, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT. O evento final do proxecto reflicte a relevancia que esta iniciativa tivo entre os xóvenes e a súa relación coas PYME do territorio. O evento non require rexistro e estará aberto ao público.


O evento estará dividido entre a presentación do traballo desenvolvido polos Xóvenes Embaixadores Dixitais e a avaliación da experiencia coas PYME.

A acción de formación no ámbito do marketing dixital para as redes sociais, organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT, xunto cos socios Fundación Galicia Europa e Asociación de Desenvolvemento da Rexión do Alto Tâmega, constou de 104 horas.

Logo da parte teórica, os xóvenes participaron nun encontro con empresarios onde, ademais do intercambio de experiencias, creáronse vínculos para desenvolver a segunda fase da formación. Esta última fase permitiu que os coñecementos adquiridos polos xóvenes se poñeran en práctica nas PYME do territorio da Eurocidade para establecer un diálogo interxeracional e interdisciplinario.

Na parte teórica da acción formativa, os participantes adquiriron coñecementos en áreas como comunicación dixital e marketing dixital, redes sociais como ferramentas de comunicación e marketing, creación de contidos e segmentación de público, campañas de promoción nas redes sociais, marketing de influencers para empresas locais, entre outras. Ademais da aplicación dos coñecementos ás PYME, promoveuse o intercambio de aprendizaxes para transmitir os coñecementos aos empresarios para que poidan seguir desenvolvendo as súas redes sociais no futuro.

Xóvenes Embaixadores Dixitais para pymes (Digital Youth Ambassadors for SMEs-DYAS) é un proxecto aprobado e financiado pola Axencia Nacional Portuguesa Erasmus+ JA. Erasmus+ (2021-2027). É o programa da Comisión europea nos campos da Educación, Formación, Xuventude e Deporte, que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos xóvenes na vida democrática.

Os principais obxectivos que guiarán a DYAS son: incrementar as oportunidades laborais e as capacidades persoais dos xóvenes das zonas rurais, en termos de dixitalización, uso de ferramentas e plataformas dixitais; mellorar a eficiencia empresarial e a competitividade das pequenas empresas, debido á súa evolución en termos de dixitalización e competencias nos mercados dixitais e promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre xóvenes e empresas, así como promover a creación de novos negocios por parte dos xóvenes.

¡A súa finalidade é abordar a transformación dixital e capacitar aos xóvenes, as pymes e as institucións involucradas. Os resultados esperados son a mellora das capacidades formativas e profesionais; un mellor coñecemento das ferramentas dixitais, a integración nas súas comunidades locais e a mellora das capacidades das PYME.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>