Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os stands participantes danlle un “sobresaínte” a organización do Lázaro 2024
Os stands participantes danlle un “sobresaínte” a organización do Lázaro 2024 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Marzo 2024 14:44

Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Xuventude,  Manuel Lorenzo, e a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira, realizaron un balance «máis que positivo» dos resultados da Feira do Lázaro de Verín, celebrada entre os días 16 e 17 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un sobresaínte á organización xeral do evento e aproban as vendas acadadas.



As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10, sobre os seguintes asuntos (nota media): a limpeza (9,93), os stands (9,74), a ubicación (9,71), a animación musical (7,14), a organización xeral (9,84), a promoción e publicidade (8,76), música (7,15), as actividades (9,10) e as ventas (6,60) e o horario (9,17).

Segundo  quixo  salientar Manuel Lourenzo, os resultados das enquisas mostran unha «gran satisfacción» entre os expositores participantes. Exemplo diso é a valoración «sobresaínte» que dan a organización xeral do evento, achegándose a máxima puntuación posible cun 9,84 de media. Cabe destacar tamén o aumento significativo de vendas que se logrou na mostra de vehículos novos e de ocasión. «En resumo, podemos dicir que a Feira do Lázaro desenvolveuse con bo e tranquilo ambiente festivo, gran asistencia de público e un resultado que os propios participantes valoran como sobresaínte», finalizou Lorenzo.

Pola súa banda, Samanta Barreira tamén se mostrou moi satisfeita coa gran participación de veciños e visitantes en todas as actividades culturais programadas durante a fin de semana en Verín «que encheron de música e un moi bo ambiente festivo tanto o recinto feiral coma as diferentes rúas e prazas da vila do Támega».

Premio ao mellor stand

O domingo, momentos antes de que pechasen definitivamente as portas da Feira do Lázaro, Manuel Lorenzo, deu a coñecer a identidade do gañador do premio á mellor caseta, recaendo este ano no expositor Vidago Valley. O concelleiro de Feiras foi o responsable de entregarlle o diploma acreditativo que, ademais permite a súa participación gratuíta no Lázaro 2025.

Por último, os expositores (Queixos Gaia,  Asubío, Baronceli, Alacena Puebla de Sanabria, Delicatessen, Arianrhod, Joyería Pato, D.O Monterrei, Tarde Piache, Carmecas, e Regueiro da Cova) que durante os dous días da feira realizaron as actividades variadas recibiron como agradecemento á sua particpación una botella de viño da D.O Monterrei.

Éxito rotundo da primeira edición do “Pincho Lázaro” con máis de 3.000 tapas vendidas

"Rotundo éxito": así cualifican dende o área de Feiras a primeira edición do concurso gastronómico "Pincho Lázaro", que remataba o pasado sábado 16 de marzo con máis de 3.000 tapas vendidas nos 13 locais hostaleiros participantes.

Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes tiveron a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Tras facer o reconto de papeletas, o pincho mellor valorado foi “A pera que non é pera” do Restaurante Brasil, ao cal se lle fixo entrega do diploma acreditativo así como dunha cesta de produtos cedidos polos diferentes expositores da Feira do Lázaro. Destacar tamén que en segundo e terceiro lugar como pinchos máis valorados foron: 2º Tapería Rúa Maior “Solombo Ru?a Maior” e 3º LaLuma “Mini burguer de tenreira, chedar, ru?cula, tomate, salsa burguer e patacas”.

Ademais, as persoas que degustaron os pinchos optaron a gañar baixo sorteo un bono de 100€ para gozar en calquera dos establecementos de hostalería que participaron no concurso. Nesta ocasión, o gañador foi Alejandro Pérez Vega; que, ademais, recibiu tamén unha cesta con produtos cedidos por algúns expositores.

1. Alborada - Croquetas Sabores

2. Aturuxo – Fabas con gambas e ameixas

3. Bar Encontro - Mini hamburguesa Monterrei

4. Tapería Gandainas – Cocochas de pescada con ameixas e pataca de Fumaces

5. Laluma – Mini burguer de tenreira, chedar, rúcula, tomate, salsa burguer e patacas

6. Oasis – Tosta galega (pan do país, lacón, Arzúa e Padrón)

7. Regueiro da Cova – Brioche, carrillera eco pemento de Oimbra e salsa de castañas

8. Restaurante a Fonte – Macerado de rabo de touro sobre puré de patacas

9. Restaurante Brasil – A pera que non é pera

10. Restaurante Casa Nela – Albóndegas caseiras

11. Ruta 66 – Coxinha Brasileira rechea de polo

12. Tapería Támega – Carrillera en salsa de Mencía, base de patacas e cogumelo

13. Tapería Rúa Maior – Solombo Rúa Maior



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>