Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello De Verín Presenta máis dunha vintena de propostas variadas para O Lázaro 2024
O Concello De Verín Presenta máis dunha vintena de propostas variadas para O Lázaro 2024 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2024 13:57

O Concello de Verín vén de presentar o programa oficial de actividades para o Lázaro 2024, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo. Este ano, o ente municipal cebebra a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos.  A programación oficial foi presentado esta mañá por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Samanta Barreira, cencelleira de Turismo, Cultura, Festexo e Conservatorio de Concello de Verín.


Como vén sendo habitual nestas celebracións presentamos un concepto de “Lázaro Multicartel” no que a veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades,  distribuídas por toda a vila, e pensadas para todos os segmentos de público e todas as idades»,  salientou Manuel Lorenzo.

Feira de Artesanía e alimentación, actuacións musicais, natación, fútbol, actividades de lecer para todas as idades, ludoteca  e carrusel infantil, charlas e obradoiros, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, concurso de pinchos e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para esta nova edición do Lázaro.

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 16  de marzo os seguintes eventos: as 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C.Chaves, Club Escualos de Ourense) e o partido de veteranos de fútbol entre o A.D. Veteranos Verín e o G.D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 17:30 horas.

Por outra banda, durante os días 16 e 17 de marzo haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Viños da D.0 Monterrei, olaría, cestería, coiro, porcelana, cerámica decorativa, xoiaría en prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, alfarería, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, pintura, serán algúns dos sectores e produtos que se poderemos encontrar na nos más de medio centenar de expositores que participan este ano na feira.

Este ano, como novidade, a área de Feiras do Concello de Verín organizará a primeira edición do concurso gastronómico "Pincha no Lázaro". Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100€ para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso.

Tamén en primicia instalarase na Praza García Barbón un divertido carrusel infantil, do 16 ata o 31 de marzo*. O horario de apertura será: Mañá: 11.30 a 14.30 h e tarde: 16.30 a 20.30 h.

(*Estará en funcionamiento: 16 e 17 de marzo ; e dende o 22 ao 31 de marzo)

Non faltará no Pavillón municipal a ludoteca infantil. Durante as dúas xornadas da feira,realizaranse actividades destinadas aos máis cativos e cativas no que poderán levar a cabo distintos xogos e manualidades. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos novos e de ocasión, no que podermos ver diferentes marcas como Fiat, Kia, Seat, MG, Dacia, Renault, Volkswagen, Peugeot, etc..

Debido o aforo limitado nas actividades Debido ao aforo limitado nos obradoiros, catas e charlas, deberán realizarse as inscricións seguindo as indicacións da programación.

Durante a feira no stand do poñente (Pato Joyeros, Tarde Piache, Arianrhod, Asubío, Terras de Baronceli).

As persoas inscritas nas actividades deberán estar no espazo adicado ás mesmas cunha antelación mínima de 5 minutos antes do comezo.

Segundo explicou a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira, «no que actividades musicais e culturais se refire, manterase a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo unha completa oferta de propostas pensadas para todas os segmentos de público».

Deste xeito, a programación musical arrinca o sábado 16 de marzo, coa partipación da Banda de Gaitas do Concello de Verín no acto inaugural da feira, ás 11:15 horas, Xa de arde a animación musical no refinto feiral correra da Banda de Música de Verín, a partir das 16:45 horas. Ás 17:30 horas, a praza da Mercé será o escenario da terceira edición do Festival  de Bandas de Música “Vila de Verín”, que contará coa participación da Banda de música de San Ciprián das Viñas, O Porriño e Verín. Por outra banda, a Praza García Barbón acollerá a actuación da Grupo Claxxon, das 00:30 ás 3:30 da madrugada do domingo.

Xa o domingo 17 de marzo, ás 11:00 horas, contaremos con animación musical a cargo de Conservatorio de Verín no recinto feiral. Ás 12:00 horas, na Praza Garcia Barbón, e ás 13:00 h na rúa Irmáns Moreno contaremos cunha sesión vermú a cargo da Charanga Fuego. Ás 17:00 horas, contaremos con música tradicional Para rematar -a partir das 19:00 horas- a Orquestra Fania Blanco Show pechará a programación musical do Lázaro na Praza García Barbón.

Por último, tamén o domingo 17, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, coa Coral de Verín. Ao rematar o acto relixioso haberá unha procesión ata San Lázaro, que contará coa participación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

FAGA CLICK AQUI PARA DESCARGAR O PROGRAMA DE LÁZARO 2024

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>