Ciclo de Cinema Árabe |
Mércores, 18 Xuño 2008 11:05 |
O ciclo Cinemas Dixitais retorna a Verín co fin de achegar ao público galego unhas obras audiovisuais que non acceden ás plataformas tradicionais de distribución e exhibición: os filmes árabes, que son unha escolma do mais representativo do último cinema xurdido baixo as peculiaridades da cultura árabe. Esta actividade organizada polo Festival de Cinema Euro-Árabe de Santiago de Compostela e a Axencia Audiovisual Galega, en colaboración co Concello de Verín, ten como fin coñecer outras realidades e a consciencia “do outro”, para comprender mellor a súas singularidades e integrar e respectar mellor as comunidades emigrantes que decidan convivir connosco. Nesta ocasión, de forma gratuíta, os habitantes de Verín poderán visionar estes filmes desde o 23 ao 26 de xuño, ás 20.15 horas, na Casa da Cultura de Verín. 23 de xuño: Sombras na noite
24 de xuño: Cinturón de lume 25 de xuño: En coche ata Zigzigland 26 de xuño: Máis alá do muro |