Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Xornada de Convivencia para os usuarios e usuarias do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria no Concello de Verín
Xornada de Convivencia para os usuarios e usuarias do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria no Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Febreiro 2024 17:21

A Deputación Provincial de Ourense, en colaboración coa Área de Benestar Social do Concello de Verín, tivo o pracer de organizar unha Xornada de Convivencia para os usuarios e usuarias do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria no Concello de Verín.


A Xornada tivo lugar no Centro Sociocomunitario, converténdose nun espazo de encontro entre os técnicos e as técnicas do servizo e os seus usuarios e usuarias. Este evento tivo como obxectivo principal fortalecer os lazos entre os usuarios e o persoal do servizo, así como fomentar un ambiente de convivencia e apoio mutuo. Estiveron presentes nas xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez; a concelleira de Tráfico, Seguridade Ciddá e Protección Civil, Cándida Couñago; ademáis da técnico da Deputación de Ourense responsable do proxecto e dos técnicos municipais da área de Servizos Sociais.

O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria é un recurso vital de natureza tecnolóxica que permite ás persoas usuarias estar en contacto permanente cun centro de atención de chamadas, proporcionando asistencia inmediata e continua, 24 horas ao día, 365 días ao ano. Este servizo está especialmente deseñado para persoas maiores que viven soas, asegurando que reciban axuda inmediata en caso de emerxencia. É importante sinalar que este servizo é completamente gratuíto e goza dunha ampla aceptación na nosa comunidade.

«No Concello de Verín», explicou Rosario Rodríguez, contamos con máis de 100 usuarios e usuarias que se benefician deste servizo vital. A través de eventos como a Xornada de Convivencia, reafirmamos o noso compromiso de ofrecer unha atención integral e de calidade ás persoas que confían en nós para o seu benestar e seguridade».

Para máis información sobre o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria en Verín, póñase en contacto coa Área de Benestar Social do Concello de Verín ou coa Deputación Provincial de Ourense.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>