Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CRA Monterrei deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2024 de Verín
O CRA Monterrei deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2024 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Xaneiro 2024 15:18

O CRA Monterrei deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2024, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CRA Monterrei.


Tras elaborar este centro dous carteis, representantes dos CEIPS Castrelo do Val, Vilardevós, Princesa de España, Amaro Refojo, Medeiros, Vendas da Barreira e Augusto Assia (A Mezquita); Gardería A Mezquita, Pai de Riós, CPR María Inmaculada, Casas niño Albarellos, Cualedro, Castrelo do Val, Vilardevós, Pepín, Vences e Vilaza, CRA Monterrei, CPA Mercedarios e os IES García Barbón e Taboada Chivite, seleccionaron mediante votación o cartel de esta edición.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>