Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axudas directas e chamamento á participación activa dos grupos de comadres, principais novidades dos Desfiles de Entroido de Verín
Axudas directas e chamamento á participación activa dos grupos de comadres, principais novidades dos Desfiles de Entroido de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Xaneiro 2024 14:07

Á área de Turismo, Cultura e Festexos do Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar nos desfiles do Entroido 2024. A data límite para formalizar a participación será mércores 31 xaneiro. Como novidades, este ano, a organización ofrece axudas directas e fai un chamamento á participación activa nos mesmos dos grupos de comadres.

Este ano, os Desfiles de Entroido en Verín presentan unha importante novidade ofrecendo axudas directas á participación de carrozas e comparsas, destinadas a impulsar a creatividade e a animación neste destacado evento. Cunha asignación máxima de 10.000 euros procedentes do orzamento municipal, os premios repartiranse equitativamente entre os participantes, seguindo unha estrutura que premia o número de integrantes, desde 200 euros para grupos máis pequenos ata 500 euros para aqueles con máis de 30 membros. A distribución levarase a cabo respectando rigorosamente a orde de inscrición, incentivando a pronta participación e recoñecendo o esforzo de todos grupos involucrados.

Por outra banda, e co propósito de visibilizar e valorizar os elaborados disfraces que -ano tras ano-  crean con paixón centos de grupos de mulleres para a mítica noite de comadres, desde a área de Festexos faise un chamamento á súa participación activa nos desfiles. «Esperamos que se presenten o maior número de grupos de comadres, xa que estamos seguros que isto contribuirá a enriquecer a experiencia de participantes e espectadores por igual, enchendo de colorido e diversión as rúas de Verín», destacaron desde a área de Turismo Cultura e Festexos.


Inscricións:
- Con axudas: oficina de rexistro municipal
- Sen axuda: Ofcina de Turismo de Verín
- + Info: 988 41 16 14


BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS CON PREMIOS Á PARTICIPACIÓN NO ENTROIDO 2024



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>