Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín recibe á selección española feminina de fútbol sala, campioa de Europa, nun compromiso amigable ante Portugal
Verín recibe á selección española feminina de fútbol sala, campioa de Europa, nun compromiso amigable ante Portugal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Novembro 2023 11:49

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará o día 7 de novembro un partido amigable en Verín, logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou co Concello.


O Comité de designación de sedes de partidos da RFEF decidiu que as localidades galegas de Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra) acollerán os días 7 e 8 de novembro os dous encontros amigables entre España e Portugal. Un dobre compromiso entre as dúas grandes potencias do fútbol sala feminino europeo, que volverán verse as caras logo de medirse por última vez na semifinal do Europeo en Debrecen (Hungría).


A celebración destes partidos será posible grazas á estreita colaboración entre a RFEF, a Real Federación Galega de Fútbol e os concellos das dúas localidades elixidas, que xa traballan en todo o necesario para esta gran cita do 40x20 de seleccións nacionais.


O partido que se celebrará na vila do Támega terá lugar o martes 7 de novembro, ás 18:30 horas, podéndose seguir a través de Teledeporte e RTVE Play. A selección española volta así a Galicia case catro anos despois. A última vez que xogou en Galicia fora en decembro de 2019, cando España xogara contra Xapón en Pontevedra e Burela, con vitorias por 8-0 e 4-2.


Este encontro deportivo foi presentado esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín contando coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane e do tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Diego Lourenzo; ademais da seleccionadora nacional, Claudia Pons; do presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, José Miguel Monje; do presidente do Comité Galego de Fútbol Sala e Pablo Prieto; e do vicepresidente da delegación de Ourense da Xunta de Galicia, José Manuel Fernández.


«É unha honra e un orgullo para Verín ser o anfitrión dun evento deportivo desta magnitude» salientou Gerardo Seoane, «a chegada da Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala a nosa vila demostra o compromiso de Verín co deporte e a nosa capacidade para albergar eventos de nivel internacional». Segundo explicou o rexedor municipal, estes partidos amigables non só fomentan a paixón polo fútbol sala na comunidade, senón que tamén serven como eventos turísticos dinamizadores da contorna.


Acto colaborativo escolar-deportivo no Pavillón da Granxa

O concelleiro de Deportes, Diego Lourenzo, anunciou tamén que, «ademais deste emocionante partido», o luns 6 de novembro, ás 11:00 horas, levarase a cabo un acto colaborativo escolar-deportivo no Pavillón da Granxa. Neste evento, as xogadoras da selección española, acompañadas polos representantes institucionais municipais, recibirán a máis dun centenar de nenos e nenas procedentes dos centros escolares de Verín. «Os estudantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man as súas valiosas experiencias como xogadoras profesionais e achegarlles o apaixonante mundo do fútbol sala á próxima xeración de deportistas da nosa comunidade», finalizou Lourenzo.


Catro galegas na convocatoria

A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os días 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente. Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo.


As xogadoras concentraranse o domingo 5 de novembro e realizarán tres sesións de adestramento en Verín antes dos encontros.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria:

  • Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla)
  • Ale de Paz (Poio Pescamar)
  • Luci Gómez (AE Les Corts UBAE)
  • Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>