Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación do libro "A árbore do pan", de Edelmiro Mateo
Presentación do libro "A árbore do pan", de Edelmiro Mateo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Novembro 2023 10:07

O 7 de novembro, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da casa da Cultura acolle a presentación do libro "A árbore do pan", obra escrita por Edelmiro Mateo e ilustrada por Olimpia Seoane.


"A árbore do pan", como adoitaban chamar ao castiñeiro en tempos antigos debido á súa importancia como fonte de alimento antes da chegada da pataca, é unha obra que nos mergulla na vida da castaña e o seu pai, o castiñeiro. A través desta narración, descubrimos a sabedoría que a natureza encerra, se tan só aprendemos a ler os seus sinais. A contorna do bosque de castiñeiros revélase como unha sociedade organizada cun propósito común: alcanzar a felicidade.

Este texto, escrito por Edelmiro Mateo, cobra vida a través das ilustracións en acrílico creadas por Olimpia Seoane, unha pintora verinesa autodidacta. A súa colaboración converte este relato nunha verdadeira obra de arte, onde as imaxes e as palabras fusiónanse para levar ao lector a unha viaxe única e emocionante.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>