Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2023
Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2023 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Outubro 2023 10:35

Os días 8, 9 e 10 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.



Todos os expositores interesados en instalar unha caseta na feira xa poden formalizar a súa inscrición atendendo as seguintes condicións de participación:


- Días: 8, 9 e 10 de decembro.

- Horario da feira:

o Venres: de 16:00 a 20:00 horas

o Sábado e Domingo: de 11.00 a 14:00 e de 16:00 a  20.00 h.

- Ubicación: Praza Maior de Verín.

- Teléfono información: 988 410 000

- Cota de participación: 45 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria: ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA)

- As candidaturas deberán ser formalizadas entre o 1 e o 20 de novembro de 2023.

- A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís de pago en efectivo entregaranse por un dos seguintes medios:


a) No Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n), no rexistro.

b) Por Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal.



- A temática dista Feira é de Nadal, polo cal os participantes deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand.

- A organización resérvase o dereito a non incluír as inscricións que non cumpran coa temática desta feira

- Os expositores deberán amosar e comprometerse con produtos ambientados na temática de Nadal. Elaborando cestas de Nadal e embalaxes, luces, envases, envoltorios típicos do nadal. Posibilidade de complementar o produto con produtos típicos nesta época. A organización está aberta a propostas e ideas que teñan os participantes para os seus stands.

- Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por selección temática. É importante unha vez seleccionado o candidato realizará o pagamento no prazo máximo de 5 días.

- A Inscrición será efectiva unha vez realizado o pagamento en prazo, tras ser aceptada a candidatura pola organización.

- Os participantes traerán os seus taboleiros e mobiliario necesario para expor os seus produtos

- Permítese a degustación de produto de Nadal.

- A decoración de Nadal do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor.

- Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día.

- A carga e descarga de mercancía realizarase dun xeito organizado, sen interromper a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc. Mantendo libre os vados e aparcamentos. Realizándoo antes e despois dos horarios de apertura e peche da feira.

- Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e da súa calidade e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.

- A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

- A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

- É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche ou ampliación de horario por afluencia de público.

- O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.

- O participante comprométese a participar durante os tres días de feira, así como durante toda a xornada nos horarios indicados.

- Calquera incidencia ou suxerencia será posta en coñecemento.


Descarga aquí a folla de inscrición:


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>