Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro do Cigarrón
Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Outubro 2023 12:24

Dende hoxe, e a ata o día 2 de novembro permanecerá aberto o prazo de solicitudes para participar na edición 2023-2024 do Obradoiro do Cigarrón.


O Concello de Verín promove anualmente, desde o ano 1997 actividades formativas que teñen como obxectivo que o cigarrón, a máscara con máis significado patrimonial do Entroido de Verín, se manteña dentro dun canon de respecto polas formas tradicionais. Para iso, o Obradoiro do Cigarrón  transmite como facer todos os seus elementos constitutivos, salvo os compoñentes de produción industrial e o pintado da careta e da mitra.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Verín, na sesión celebrada hoxe xoves día 26 de outubro , aprobou por unanimidade o  proxecto de organización, o orzamento e as bases dunha actividade que se prevé que remate antes do Xoves de Compadres do vindeiro ano.

O Obradoiro do Cigarrón 2023-2024 ofrécelle ás persoas maiores de idade que teñan as tardes libres a posibilidade de faceren a máscara completa ou partes da mesma (traxe ou careta), para o que terán que levar todos os materiais e instrumentos necesarios.

Para faceren o traxe é indispensable que teñan coñecementos básicos de confección con máquina e levala. Ademais, precisan ter adquirido fundamentos previos sobre labor de punto con agulla de calcetar e sobre tecido con agulla de gancho. Así mesmo será obrigatorio que os participantes leven a súa máquina de coser.

As prazas dispoñíbeis son 24, sendo 12 o número máximo de persoas por actividade. As solicitudes, que se tramitan na Casa do Concello, teranse en conta por orde de inscrición, ata completar o aforo. Para iso, admitiranse tanto as solicitudes dunha soa persoa como as presentadas por dúas persoas que acrediten un parentesco de até 4º grao.

As persoas ás que se lle ofreza a inscrición para participaren en todas as actividades terán que pagar 120 euros. O prezo da inscrición será de 85 euros para as que só queiran aprender a facer o traxe ou a carauta.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>