Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para a Liga Máster de Fútbol-Sala O Concello de Verín
Aberto o prazo de inscrición para a Liga Máster de Fútbol-Sala O Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Outubro 2023 18:16

A Área de Deportes do Concello de Verín organiza nesta tempada 2023/24 a denominada Liga Máster de Fútbol-Sala. Esta evento deportivo, coñecido nos anos 80 como a Liga Local, está a facer o seu regreso triunfal para deleitar aos amantes do fútbol-sala na nosa comunidade. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 20 de outubro.


O obxectivo principal desta iniciativa é fomentar o deporte local e popular, ofrecendo un marco lúdico-deportivo onde os deportistas adultos poderán desfrutar dun espazo axeitado para socializar e manter hábitos saudables a través da práctica do fútbol-sala.

A Liga Máster de Fútbol-Sala está deseñada para persoas de 16 anos en diante, e os equipos deberán estar formados por un mínimo de 6 e un máximo de 12 xogadores. Nesta liga, teñen cabida tanto os xogadores federados como aqueles que participan noutras ligas e competicións.

Os partidos desta liga terán lugar no Pavillón Municipal de Deportes, preferentemente os luns, martes e mércores a partir das 20.30 horas. A competición abranguerá dous formatos: unha LIGA clásica a dobre volta e unha emocionante COPA que se disputará en grupos e eliminatorias.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de outubro, data na cal terá lugar unha xuntanza final informativa no pavillón municipal ás 20.30 horas. Non obstante, os interesados poden obter as follas de inscrición nas oficinas do pavillón municipal en horario de mañá.

Para obter máis información sobre a Liga Máster de Fútbol-Sala e resolver calquera consulta, os interesados poden contactar cos seguintes números de teléfono: 988 411 140, 626 888 881 e 687 409 596

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>