Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cincuenta maiores participan nos cursos promovidos polo Concello de Verín no marco do proxecto “Doantes de Sabedoría”
Cincuenta maiores participan nos cursos promovidos polo Concello de Verín no marco do proxecto “Doantes de Sabedoría” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Outubro 2023 09:51

Un total de cincuenta alumnos e alumnas sénior participan no curso de “Manexo de Teléfonos Móbiles para Persoas Maiores”. Que está enmarcado no proxecto municipal "Doantes de Sabedoría". Esta iniciativa ten como obxectivo enriquecer a vida das persoas maiores da comunidade, dotándoas das habilidades e coñecementos necesarios para participar plenamente na era dixital e aproveitar ao máximo a tecnoloxía moderna.


Este curso foi deseñado baseándose nas necesidades reais das persoas maiores, co fin de revelar o potencial dos teléfonos móbiles na vida cotiá; tendo en conta que estes dispositivos convertéronse nunha ferramenta esencial para manter o contacto con familiares e amigos a través das redes sociais ou aplicacións de mensaxería instantánea como WhatsApp.

Segundo destacou a técnico responsable desta formación, Blanca López Mascareñas, o curso está a ter unha gran acollida por parte dos participantes, «os cales, entre, outras habilidades, xa aprenderon a instalar aplicacións (como a do SERGAS), xestionar e programar as súas propias citas médicas, así como habilitar nos seus dispositivos a imprescindible CHAVE 365 da Xunta de Galicia».

A concelleira responsable do área de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez, agradeceu a participación de todo o alumnado presente e quixo aproveitar a oportunidade para animalos a colaborar na iniciativa municipal "voluntariado sénior". «Desta maneira», explicou Rodríguez, «poderán compartir os coñecementos adquiridos nestas completas formacións e contribuír de maneira activa a mellorar a calidade de vida das persoas maiores da nosa comarca».

Curso Básico de Informática e Internet para Persoas Maiores

O seguinte curso que se ofertará no marco do proxecto “Doantes de Sabedoría” ten como obxectivo reducir a brecha dixital e capacitar ás persoas maiores con habilidades clave para buscar información e utilizar a tecnoloxía de maneira efectiva. Está especialmente deseñado para aqueles que nunca tiveron contacto coa informática ou cuxos coñecementos nesta área son mínimos, dispersos ou erróneos.

Os interesados en inscribirse nesta formación poden acudir á Oficina de Xuventude/Consumo, situada na Casa da Xuventude, 1º piso. Ambas as actividades son organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil/Consumo e a Oficina de Atención aos Maiores, que forman parte do ámbito de Benestar Social do Concello de Verín.

Programa Voluntariado Sénior

Por segundo  ano consecutivo o Concello de Verín solicitou a subvención do “Voluntariado Sénior” ofertada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Este proxecto, denominado "Avanzando cara un futuro mellor", ten como finalidade contribuír a mellorar a calidade de vida dos maiores, realizando actividades orientadas a eliminar estereotipos, creando unha imaxe máis social e dinámica.

Nesta iniciativa, organizada polo departamento de Oficina Xuventude (voluntariado) e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, participan voluntarios sénior que apoian o traballo que realizan os técnicos da área de Servizos Sociais municipais, e do que se benefician mais de 650 persoas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>