Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cambio de dirección de circulación na Rúa Laureano Peláez de Verín
Cambio de dirección de circulación na Rúa Laureano Peláez de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Setembro 2023 13:35

O Concello de Verín informa a todos os veciños e veciñas da localidade sobre un importante cambio de dirección de circulación que entrará en vigor o próximo luns 2 de outubro na Rúa Laureano Peláez.


A partir da data citada anteriormente, a Rúa Laureano Peláez no tramo comprendido entre a N-525 e a Rúa José Santamarina cambiará a súa dirección de circulación. Este tramo pasará a ser de dirección SUR.

Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, «este cambio levarase a cabo co obxectivo de mellorar a circulación na zona e garantir a seguridade viaria de todos os usuarios desta transitada vía». Realizaranse as sinalizacións pertinentes para indicar a nova dirección de circulación, e, pídese a todos os condutores e peóns que presten especial atención ás sinalizacións de tráfico e respecten as normas de circulación en todo momento.

O Concello de Verín agradece a colaboración de todos os cidadáns para facer deste cambio unha transición fluída e segura. As persoas interesadas en ampliar información, poden poñerse en contacto coa Policía Local de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>