Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para os stands da III Festa da Cervexa
Aberto o prazo de inscrición para os stands da III Festa da Cervexa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Setembro 2023 12:04

A III Festa da Cervexa de Verín terá lugar os días 13 e 14 de outubro de 2023 no Parque da Preguiza. Desde a área de Feiras de Concello de Verín vén de facer públicas as bases de participación para todas aqueles cervexeiras e postos de alimentación interesadas poidan formalizar a súa inscrición.


BASES:

Requisitos dos participantes Cervexa:

Poderán participar no evento distribuidores nacionais e internacionais de cervexas.

 

Comida:

Establecementos do sector da alimentación e da restauración con propostas axeitadas a este tipo de feira sectorial (salchichas, codillo, chucrut...) ademais das propostas gastronómicas locais que poidan acompañar (polvo, empanada, churrasco, hamburguesas, e similares).


Horario de Funcionamento:

Venres 13 de outubro en horario de 19:00 a 01:00 h.

Sábado 14 de outubro en horario de 12:00 a 16:30 h e de 19.30 a 01:30 h.

Peche do recinto feiral o sábado ao mediodía de 16:30 a 19:30 h.


A organización está aberta a propostas para poder valorar as candidaturas que queiran participar na feira.

 

Os solicitantes deberán estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente á actividade que se desenvolva.

 

Así mesmo, deberán estar dados de alta na Seguridade Social no réxime correspondente, acreditando estar ao corrente do pago das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

 

Antes da montaxe dos postos, cada participante deberá presentar copia do certificado do número de rexistro sanitario.

 

Prezo participación: Gratuíto

 

 

Formalización das Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 30 de setembro de 2023

A Solicitude de Participación acompañada do DNI/NIE/CIF do interesado (ou representante) debe ser entregada por un dos seguintes medios:

a) Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n)

b) Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal

 

As inscricións que se queiran realizar e estean fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos espazos.

 

A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento.

 

A candidatura só será efectiva unha vez, que sexa aceptada e confirmada a participación pola organización

 

Distribución e Normas nos Espazos

 

A asignación e localización dos espazos son responsabilidade da organización, en función do sector da actividade e dos produtos das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos.

 

Valorarase a aportación de mobiliario propio de cada participantes á feira (mesas, bancos, etc...)

 

O servizo de presentación da cervexa será realizada preferentemente usando as xarras propias do evento, que se porán a venda pola organización.

 

Para a restauración recoméndase a utilización de utensilios respectuosos co medio ambiente: material biodegradable.

 

A limpeza e seguridade do stand asignado é responsabilidade dos/das ocupantes.

 

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.

 

A carga e descarga da mercadoría exposta nos espazos asignados deberá realizarse nas primeiras horas de apertura da carpa.

 

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

 

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo espazo, 5 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche.

 

 

Consideracións Finais

 

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga.

A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.

 

 

A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos espazos asignados durante o horario de funcionamento do evento.

 

A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito.

 

A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e resérvase o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación.

 

A organización non asume ningunha responsabilidade en canto ao cumprimento de tódalas obrigas derivadas da actividade propia dos participantes (seguro de responsabilidade civil, normativa de sanidade, pago das cotas da Seguridade Social, Facenda, etc...)

 

Seguridade

 

Haberá seguridade durante as tres noites no recinto feiral.

 

As noites báixanse os automáticos da luz, polo cal, calquera información a maiores que deba estar en coñecemento da organización, prégase que se faga saber.

 

Datos de Contacto da organización do evento:

 

CONCELLO DE VERÍN

Praza do Concello, nº 1, Verín Tlf. 988 410 000

Concellería de Feiras: Manuel Lorenzo Feijóo 691.57.52.25


SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA III FEIRA DA CERVEXA DE VERÍN. 2023

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>