Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas «Mundo Árabe»: Nova sección na Biblioteca do Concello de Verín
«Mundo Árabe»: Nova sección na Biblioteca do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Setembro 2023 21:12

A Biblioteca do Concello de Verín ven de crear a nova sección "Mundo Árabe", un fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán sobre a cultura, literatura e outros aspectos xerais que profundizan e recoñecen o valor do mundo árabe e o seu desenvolvemento en diferentes manifestacións culturais.


A presente sección foi posible grazas á colaboración e ao interese de Luisa Mora Villarejo, xefa de Servizo da Biblioteca Islámica "Félix María Pareja", dependente da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) (Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación), que en todo momento mostrou a súa implicación na iniciativa da Biblioteca Municipal de Verín. Nos últimos tempos, a biblioteca viu incrementar o número de usuarios e usuarias árabes que buscan na nosa biblioteca información, lecturas xerais e de lecer sobre a súa cultura.
A nova sección está integrada por máis de medio centenar de libros doados pola Biblioteca Islámica "Félix María Pareja", que abranguen desde diccionarios árabe-castelán, Antoloxía poética, escritos sobre literatura palestina, Islam e dereitos humanos, entre outros.
«Esta nova sección na Biblioteca Municipal de Verín é un paso importante para promover o coñecemento e a comprensión da rica cultura árabe entre a cidadanía. Agradecemos a colaboración da Biblioteca Islámica 'Félix María Pareja' e esperamos que esta iniciativa fomente a interculturalidade e o diálogo entre as nosas comunidades», explicou a concelleira de Cultura, Samanta Barreira.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>