Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Feira do Viño de Monterrei clausura a súa última edición como a máis exitosa da historia.
A Feira do Viño de Monterrei clausura a súa última edición como a máis exitosa da historia. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Agosto 2023 16:06

Un encontro vitivinícola de éxito rotundo. Así se pode cualificar a XVI Feira do Viño de Monterrei, que pechou onte as súas portas con cifras récord tanto no número de visitantes como no de tickets-degustación e botellas vendidas.

Ao longo de tres xornadas, a praza da Alameda de Verín quedou pequena para acoller aos miles de persoas que se achegaron ao recinto feiral para degustar os brancos e tintos da denominación, así como para formar parte das actividades enogastronómicas, culturais e musicais programadas. "A valoración non pode ser máis que positiva, a resposta dos visitantes foi excepcional, o que demostra que nos atopamos diante dun encontro vitivinícola consolidado que, ano tras ano, atrae a máis público", indica o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García.

As diferentes catas e showcookings programados para esta edición colgaron o cartel de completo, quedando incluso xente en lista de espera. "As actividades dirixidas por David Pascual, Juanjo Figueroa e Begoña Vázquez xunto con Miguel López, desbordaron as expectativas iniciais", recoñece o presidente, "e xa son moitas as persoas que se puxeron en contacto con nós para preguntar se se realizarán na próxima edición, xa que quedaron con ganas de asistir ás mesmas". Tamén tiveron un gran éxito de asistencia as actuacións musicais programadas, así como os xogos infantís populares realizados durante a feira. "Detectamos un aumento no número de xente nova que se achega ata a feira, o que demostra o seu interese pola cultura do viño, pero tamén de familias, que ven este encontro como un evento de reunión apto para todas as idades", engade Gago.

No que respecta ás degustacións, e segundo os primeiros datos, superáronse as 30.000 degustacións vendidas, cun importante incremento non só nos tickets-degustación senón tamén no número de botellas vendidas. "As adegas trasladáronnos que foi o ano no que máis botellas venderon", indica o presidente, "algo que consideramos moi positivo".

"Desde o Consello Regulador queremos agradecer a implicación das adegas participantes nesta edición, así como dos postos de gastronomía", destaca Jonatás Gago, "ademais da colaboración indispensable do Concello de Verín, e en particular de todos os operarios que traballaron para que este evento fose posible, así como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Policía Local ou Garda Civil, entre outros".

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>