Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas FEMURO lanza, coa colaboración do Concello de Verín, SexEdúcate: unha nova iniciativa de Educación Sexual para a Mocidade
FEMURO lanza, coa colaboración do Concello de Verín, SexEdúcate: unha nova iniciativa de Educación Sexual para a Mocidade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Agosto 2023 11:38

FEMURO presenta o proxecto SexEdúcate, unha nova iniciativa que busca educar á mocidade da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria. Este proxecto, que conta coa colaboración co Concello de Verín, enmárcase no compromiso continuo de FEMURO coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A seu financiamento provén da Secretaría Xeral de Igualdade, a través dos fondos do Pacto de Estado, que respaldan diversas accións desenvolvidas ao longo do ano.

O proxecto naceu a partir da interacción directa que FEMURO tivo cos adolescentes en obradoiros de educación sexual realizados en centros educativos. Nestes encontros, puideron observar que os mozos e mozas tiñan numerosas dúbidas neste ámbito e, moitas veces, carecían de fontes de información científica e precisas. Ademais, FEMURO identificou a influencia crecente da pornografía na vida desta xeración, que moitas veces representa o primeiro contacto coa sexualidade e pode levar a ideas distorsionadas sobre a mesma, reforzando estereotipos e enfocándose no pracer masculino.

Co obxectivo de abordar estas necesidades, FEMURO crea o espazo SexEdúcate, proporcionando un lugar seguro e anónimo onde os adolescentes poden plantexar as súas preguntas e inquedanzas, coa confianza de recibir respostas claras e obxectivas. Para implementar esta iniciativa, instalaranse caixas de correos en varios puntos, permitindo que os mozos e mozas presenten preguntas sobre temas como o coito, orientación sexual, feminismo, menstruación, anatomía corporal, consentimento, métodos contraceptivos e máis.

Estas caixas de correos incluirán un Código QR que redirixirá a un vídeo explicativo en YouTube, dispoñible aquí: [ligazón para acceder ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=b5bLI7F1mTw]. Unha vez recibidas as preguntas, FEMURO responderá mediante vídeos no formato Reel, publicados na conta de Instagram da federación (@femuroverin). A elección desta plataforma debeuse á súa relevancia no día a día do público obxectivo, permitindo un acceso claro e directo á información.

Ademais da caixa de correos permanente na sede de FEMURO, tamén se instalará unha primeira caixa de correos nas Piscinas Públicas de Verín durante todo o mes de agosto. Posteriormente, este recurso extenderase a (puntos) clave para a mocidade, incluíndo centros educativos e outros espazos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>