Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O músico verinés Álvaro Rúa bate un novo Record Guinness Mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento
O músico verinés Álvaro Rúa bate un novo Record Guinness Mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Agosto 2023 13:58

Álvaro Isaac Rúa Manso fixo historia esta mañá ao acadar o novo World Record Guinness Mundial por tocar a nota máis longa cun instrumento de vento, concretamente cunha gaita galega. Este logro tivo lugar no Auditorio Municipal, onde o músico verinés demostrou a súa gran destreza musical.


Para lograr romper este récord mundial, Álvaro Rúa decidiu utilizar o noso instrumento máis senlleiro, a gaita galega. Non obstante, o camiño cara ao récord non foi sinxelo. As normas impostas pola entidade Guinness son extremadamente estritas, o que requiriu a presenza de varios técnicos para a cronometraxe e especialistas en son, entre outros, que actuaron como testemuñas para validar o intento.

Tamén como observadora e anfitrioa estivo presente a concelleira de Cultura, Samanta Barreira, quen despois de felicitar a Álvaro Rúa polo seu gran logro declarouse «sumamente emocionada e orgullosa» de ser testemuña deste fito histórico. «O récord acadado por Álvaro é unha clara mostra do noso gran talento local e, por suposto, da riqueza musical de Galicia e a grandeza da gaita galega como un instrumento musical único e versátil».

Desde unha perspectiva técnica, o desafío radicou en manter un mínimo de 80 decibelios constantes cun son estable durante todo o tempo, «o que representa unha tarefa sumamente complexa», explicou Álvaro Rúa. O récord anterior (1 min 23.04 seg.) estaba en mans dun músico da India, quen o conseguiu tocando un corno tradicional do seu país, sendo superado hoxe polo músico verinés cunha duración final de 13 min 26.95 seg.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>