Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O nenos e nenas da ludoteca desfrutan da súa “semana grande”
O nenos e nenas da ludoteca desfrutan da súa “semana grande” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Xullo 2023 11:49

A ludoteca e o campamento urbano municipais, organizados pola Oficina Municipal de Información Xuvenil da área de Benestar Social do Concello de Verín, están a vivir a súa semana grande con divertidas actividades variadas. Despois de rematar a semana pasada con iniciativas relacionadas coa auga, como a excursión ao parque acuático Naturwaterpark ou o inchable piscina tobogán de auga, esta semana ofrécense propostas moi diversas que culminarán o venres 28 de xullo co tradicional desfile da “Ludobatucada”.

O luns 24 de xullo, os nenos e nenas da ludoteca e do campamento urbano realizaron diferentes actividades como manualidades variadas (plastilina caseira, pulseiras de fío, medusas con platos), xogos, horto urbano e contacontos. O martes 25 de xullo, celebraron o Día da Patria Galega con actividades culturais e lúdicas sobre a historia, a lingua e as tradicións de Galicia.

Hoxe e mañá 27 de xullo, os maiores do campamento urbano irán de campamento á Pousa (club de Sendeirismo), onde farán xogos e unha ruta sendeirista. Os maiores da ludoteca participaran nunha xincana na praza García Barbón polo día e nunha acampada no Princesa de España pola noite. Os máis pequenos da ludoteca farán actividades cos avós e avoas, por ser o seu día, unha superfesta de disfraces, un diario das emocións, etc.

O venres 28 de xullo será o día grande da semana, co desfile da “Ludobatucada”, que este ano terá como temática o “Mundo Mariño”. Máis de 260 nenas e nenos desfilarán polas rúas de Verín dando a benvida á Batucada 2023. A actividade comezará ás 11:00 horas co “Desfile da ludoteca especial Batucada” que sairá do CEIP Amaro Refojo e percorrerá as rúas Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón. Tanto na Praza do Concello como na Praza García Barbón dous grupos de nenos farán un baile. Tamén participarán nenos e nenas das ludotecas de Vilardevós, Cualedro e Portas Abertas. A festa rematará coa xa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca” no CEIP Amaro Refojo, onde haberá música e baile.

A ludoteca e o campamento urbano de Verín son dúas iniciativas que teñen como obxectivo ofrecer un espazo educativo e divertido para os nenos e nenas durante as vacacións escolares, fomentando valores como a convivencia, a solidariedade, a creatividade e o respecto ao medio ambiente. As actividades están dirixidas por monitores titulados e especializados en diferentes ámbitos.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>