Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín prepárase para vivir a festa da batucada 2023
Verín prepárase para vivir a festa da batucada 2023 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Xullo 2023 10:22

Os días 28 e 29 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, desde desfiles infantís e concertos ata festa da espuma e este ano, como novidade, unha batalla de batucadas. Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, que presentou o programa oficial acompañada de Javier M. Quintas, xerente da empresa verinesa Elogo Delivery, patrocinadora do evento.

A actividade comezará o venres 28, ás 11:00 horas, co colorido desfile infantil da ludoteca municipal, coa temática do mar e o mundo mariño, que partirá do Colexio Amaro Refojo e pasará pola Praza do Concello ata chegar á Praza García Barbón.

Pola tarde, de 16:30 a 19:00 horas, a festa trasladarase á praia fluvial do río Támega, onde haberá inchables  e animación musical patrocinados pola empresa verinesa de reparto Elogo Delivery. A continuación, ás 19:30 horas, haberá un concerto infantil da man de Gramola Gominola, unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo.

Samanta Barreira quixo agradecer á empresa Elogo Delivery a súa colaboración co Concello para facer posible, coa súa achega económica, a festa na praia fluvial do río Támega. A concelleira destacou «a importancia de xerar este tipo de sinerxias entre o tecido empresarial e a administración pública, que permiten ofrecer aos veciños e veciñas actividades de lecer e cultura de calidade e gratuítas».

A noite do venres estará amenizada pola discoteca móbil Enjoy, que porá música e ambiente na Praza García Barbón desde as 23:00 ata as 2:30 horas.

O sábado 29, a festa continuará coa xa tradicional festa da espuma, que se celebrará na Praza García Barbón de 17:00 a 19:00 horas, coa música de Discomóbil A Gramola. Este ano implementaranse dúas zonas de espuma diferenciadas, unha máis ampla para o público adulto e outra para o infantil.

«Con todo», explicou Barreira, «este ano decidimos non realizar o lanzamento masivo de auga durante a festa, por dous motivos moi importantes. O primeiro é que a auga é un ben escaso e vital, que debemos coidar e preservar. Estamos a vivir unha situación de seca e cambio climático que nos obriga a ser responsables e solidarios co medio ambiente e coas xeracións futuras. O segundo motivo é que a auga que se lanza á xente dende a motobomba é de uso potable, apta para o consumo humano. Non podemos malgastar un recurso tan valioso e necesario para a vida, cando coñecemos a actual problemática de abastecemento á que se enfrontan moitas poboacións».

Ás 19:00 horas comezará o desfile de batucadas, que sairá da mesma praza e percorrerá as rúas da Cruz, a Mercé, Laureano Peláez e Irmáns Moreno, onde, como novidade este ano, haberá unha batalla de batucadas. Participarán a Banda de Gaitas e as batucadas Latexo, Os Queimatasas e Bloquinho de Xérmolos.

O broche final da festa correspóndelle a Discomóbil A Gramola, que actuará na Praza García Barbón desde as 23:30 ata as 2:30 horas.

 

.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>