Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín abre o prazo de inscrición para participar en actividades en Romaña e Malta
A Eurocidade Chaves-Verín abre o prazo de inscrición para participar en actividades en Romaña e Malta PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xullo 2023 16:08

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no marco do proxecto Rural Youth of Europe (Xuventude Rural de Europa) - RUYOU, convida a xóvenes de entre 18 e 30 anos do territorio a participar en setembro e outubro nas próximas International Creative Jams; actividades presenciais que terán lugar en Romaña e Malta.


A actividade que terá lugar en Romaña, os días 20, 21 e 22 de setembro, ten como tema "Acción polo clima: futuro sostible". A inscrición debe realizarse a través do seguinte enlace: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/8c27da54-995b-7a56-d5f3-f1d7f42630d1

A outra actividade, que terá lugar en Malta, cuxo tema é "Democracia e participación xuvenil", está prevista para os días 25, 26 e 27 de outubro. A inscrición debe realizarse neste enlace:https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/fea095eb-438f-2a94-f96e-481cac7d52d3

Durante estes dous días, os xóvenes terán a oportunidade de identificar os obstáculos que enfrontan os xóvenes das zonas rurais no seu desenvolvemento persoal e profesional. Concretamente, centraranse no cambio climático (Romaña) e no papel da participación xuvenil nas democracias europeas (Malta). Este encontro reunirá a xóvenes de Romaña, Malta, Galicia e Portugal.

Ambas as actividades son en inglés e a inscrición é limitada, finalizando o prazo de inscrición o 14 de xullo. O viaxe e o aloxamento son de balde para os participantes.

O proxecto Rural Youth of Europe - RUYOU pretende permitir que xóvenes, expertos e líderes de opinión analicen o futuro da xuventude rural europea, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a xuventude do medio rural tras a pandemia da Covid-19.

Ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, RUYOU conta con varios socios de España, Portugal, Malta e Romaña.

Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>