Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a respresentación da obra “O furancho” de Ibuprofeno teatro
O Auditorio de Verín acolle a respresentación da obra “O furancho” de Ibuprofeno teatro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Xuño 2023 11:18

O sábado 8 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio de Verín acolle a representación da obra “O Furancho”, da compañía Ibuprofeno Teatro. Peza de teatro escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.


Premiada co María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, finalista a Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor Espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che proporcione relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

Programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>