Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario de organización do Concello de Verín
Pleno extraordinario de organización do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Xuño 2023 11:31

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial o pleno extraordinario de constitución do Concello de Verín no que se trataron os seguintes puntos:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 17/06/2023

2. SORTEO MEMBROS MESAS ELECTORAIS ELECCIÓNS XERAIS 23 DE XULLO DE 2023

3. DAR CONTA DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS CONSTITUÍDOS

4. PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO

5. CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES

6. Expediente 358/2023. NOMEAMENTO REPRESENTANTES DA CORPORACIO?N EN ÓRGANOS COLEXIADOS

7. DAR CONTA DO DECRETO DA ALCALDÍA DE DATA 19/06/2023 NOMEANDO MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, TENENTES DE ALCALDE, ASÍ COMO DA DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, NO PLENO E DA FIXACIÓN DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

8. Expediente 369/2023. O?rganos Colexiados (Constitución, Modificación ou Supresión)DAR CONTA DO DECRETO DA ALCALDÍA DE DATA 20/06/2023 SOBRE DELEGACIO?N DE SERVIZOS

9. PROPOSTA DA ALCALDÍA DE DELEGACIO?NS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

10. Expediente 367/2023. PROPOSTA ALCALDI?A POLA QUE SE ESTABLECEN OS CARGOS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PARCIAL E ESTABLECEMENTO RETRIBUCIÓNS ECONÓMICAS

11.  Expediente 2548/2023. PROPOSTA DA ALCALDÍA POLA QUE SE ESTABLECE O NÚMERO, CARACTERÍSTICAS E RETRIBUCIÓNS PERSOAL EVENTUAL


Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, procedeuse a realizar o sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais que terán lugar o 23 de xullo de 2023.


Acto seguido, o presidente, Gerardo Seoane, deu conta dos grupos políticos municipais constituídos, sendo os seguintes:


PSdG-PSOE: Gerardo Seoane Fidalgo, Rosario Rodríguez Delgado, José Luís Martín Domínguez, Julio Viéitez Pardelas, Cándida Couñago Lara, Manuel Lorenzo Feijoó, Vicente González Pérez e María Isabel González Fernández.


BNG: Diego Lourenzo Moura, Samanta Barreira Vivián, Eugenio Quintas Albores, Purificación Caldelas Rodríguez e Abelardo Meiriño Vieites.


PP: Lara Da Silva Rodríguez, Aitor Álvarez Prado, Sonia Arias Pereira e Beatriz Blanco Adegas.


O Pleno acordou tamén, por unanimidade, realizar as súas sesións ordinarias mensuais, o último venres do mes, ás 10:00 horas. Se o día no que corresponde realizar a sesión ordinaria coincidise con festivo, realizarase o mércores desa mesma semana, á mesma hora.


No que se refire a creación e composición das comisións informativas permenentes acordouse por unanimidade, a seguinte distribución:


- SEGURIDADE CIDADÁ, TRÁFICO E PROTECCIÓN CIVIL

- PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E ASUNTOS XERAIS

- SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

- ESPECIAL DE CONTAS, ECONOMÍA E FACENDA

- INFRAESTRUTURAS, OBRAS PÚBLICAS E SERVIZOS PÚBLICOS

- URBANISMO E PATRIMONIO

- AGRICULTURA E MEDIO AMBIENTE

- EDUCACIÓN E CULTURA

- INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

- DEPORTES E XUVENTUDE


Seguindo os criterios de proporcionalidade que menciona o artigo 125-b) do ROF, devanditas comisións estarán compostas por sete membros cada unha correspondendo, tres ao grupo socialista, dous ao Bloque Nacionalista Galego  e dous ao Partido Popular.


Por outra banda,  tamén se deu conta na sesión plenaria do nomeamento dos membros da xunta de goberno  local, tenentes  de alcalde, así como da delegación de atribucións na xunta de goberno local, así como a delegación de servizos.


Membros da Xunta de Goberno Local:


GERARDO SEOANE FIDALGO

DIEGO LOURENZO MOURA

ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO

CÁNDIDA COUÑAGO LARA

MANUEL LORENZO FEIJOÓ

PURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZ

1º tenente de alcalde: DIEGO LOURENZO MOURA

2ª tenente de alcalde: ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO


A distribución das áreas de xestión municipal delegadas será a seguinte:


1.         ÁREA DE URBANISMO E FACENDA.

Comprenderá o planeamento e a xestión urbanística do territorio, a vivenda e a rehabilitación do casco antigo. Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas, edificios en ruínas e estacionamentos.

Na área de facenda corresponde a elaboración e xestión orzamentaria, tributos e tesourería.


  • Concelleiro: GERARDO SEOANE FIDALGO (PSdG-PSOE)



2.         ÁREA DE PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E DEPORTES.

No ámbito de persoal e réxime interior, será o responsable da coordinación do cadro de persoal funcionario e laboral, cadro de persoal do servizo de dependencia (e a súa xestión), negociación laboral, selección de persoal, optimización dos recursos humanos e funcións de organización e xestión do réxime interior.

En Deportes, xestión do deporte municipal e as súas instalacións deportivas.


  • Concelleiro: DIEGO LOURENZO MOURA (BNG).



3.         ÁREA DE BENESTAR SOCIAL.

Responsable das políticas sociais e dos servizos sociais xerais, plan xitano, inmigración, educación e formación, infancia, traballos comunitarios, maiores (Centro de día e xeriatrico).


  • Concelleira: ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO (PSdG-PSOE).



4.         ÁREA DE SANIDADE E HOSTALERÍA.

Comprenderá os servizos de sanidade e relación co sector hosteleiro


  • Concelleiro: JOSÉ LUIS MARTIN DOMINGUEZ (PSdG-PSOE).



5.         ÁREA DE XARDÍNS, OBRAS E SERVIZOS PÚBLICOS.

Responsable da xestión da Brigada de Obras e xardíns.


Limpeza, recollida de lixo, iluminación, cemiterio, aparcamento soterrado e matadoiro.


  • Concelleiro: JULIO VIEITEZ PARDELLAS (PSdG- PSOE).



6.         ÁREA DE TRÁFICO, SEGURIDADE CIDADÁ E PROTECCIÓN CIVIL.

Comprenderá as seccións de tráfico, Policia Local e Protección Civil. Seguridade cidadá e coordinación das emerxencias. Ocupación de vías públicas e venda ambulante.


  • Concelleira: CANDIDA COUÑAGO LARA (PSdG-PSOE).



7.         ÁREA DE FEIRAS, TRANSPORTE E XUVENTUDE.

Responsabilidade de transportes e taxis, feiras e xestión de políticas de xuventude.


  • Concelleiro: MANUEL LORENZO FEIJÓO (PSdG-PSOE).



8.         ÁREA DE AUGAS

Comprenderá a xestión de augas municipais.


  • Concelleiro: VICENTE GONZÁLEZ PÉREZ (PSdG- PSOE).



9.         ÁREA DE COMERCIO.

Promoción do comercio local.


  • Concelleira: MARÍA ISABEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (PSdG-PSOE).



10.       ÁREA DE PEDANÍAS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

Relación coas parroquias e as súas pedanias. Participación cidadá.


  • Concelleiro: EUGENIO QUINTAS ALBORES (BNG).



11.       ÁREA DE CULTURA, CONSERVATORIO, FESTEXOS E TURISMO.

Comprenderá os servizos da programación cultural, festiva e de ocio. Xestión do CMUS, Escola de Artes e Oficios, Biblioteca, Auditorio e Centros Culturais. Promoción Cultural.

No ámbito do turismo corresponde o fomento do turismo e a promoción de balnearios e termalismo.


  • Concelleira: SAMANTA BARREIRA VIVIÁN (BNG).


12.       ÁREAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL, MEDIOAMBIENTE E IGUALDADE.

Comprenderá todas as accións destinadas ao fomento do rural.

Montes e sanidade ambiental. Desbrozes. Ecoloxía. Sanidade Animal e refuxio de animais abandonados.

Será responsable de Igualdade.


  • Concelleira: PURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZ (BNG).



13.       ÁREA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.

Promoción do emprego e xestión de Parques Empresariais.


  • Concelleiro: ABELARDO MEIRIÑO VIEITES (BNG).


En canto as delegacións do pleno na xunta de goberno  local aprobáronse, por 12 votos (8 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular as seguintes atribucións:


- O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.

- Declaración de lesividade dos actos do concello.

- Aprobación de proxectos de obras e servizos, cando aínda non estean previstos nos orzamentos.

- Establecemento ou modificación dos prezos públicos.

- Solicitude, xustificación e aceptación de subvencións do Estado, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial ou de calquera outro organismo cuxa normativa atribúa ao Pleno a súa competencia.

- Acordar a consideración de construcións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade municipal para os efectos das bonificacións previstas no artigo 6 da Ordenanza fiscal e reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras. 


No referente as dedicacións dos concelleiros, o pleno aprobou por 12 votos (8 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 en contra do Partido Popular a seguinte  estrutura:


•           Dedicación exclusiva (xornada de 95%) para a responsabilidade exercida polo Alcalde e responsable das áreas de Urbanismo e Facenda.

GERARDO SEOANE FIDALGO (PSdG-PSOE).


•           Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida pola 2º Tenente de Alcalde e Concelleira Delegada das área de Benestar Social.

ROSARIO RODRIGUEZ DELGADO (PSdG-PSOE).

•           Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida polo Concelleiro Delegados das áreas de Xardíns, Obras e Servizos Públicos.

JULIO VIÉITEZ PARDELLAS (PSdG-PSOE).


•           Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida pola Concelleira Delegada das áreas de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo.

SAMANTA BARREIRA VIVIÁN (BNG).


Por último aprobouse, por 12 votos (8 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, a creación dos postos persoal eventual correspondentes a Administrativa-secretaría da Alcaldía e Secretaría de prensa e comunicación.




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>