Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Arrinca a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano con máis de 200 nenos e nenas inscritos
Arrinca a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano con máis de 200 nenos e nenas inscritos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xuño 2023 12:24

Esta mañá comezaron no colexio Princesa de España, con máis de 200 nenas e nenos inscritos, a Ludoteca de verán "Convive en Igualdade" e o Campamento urbano 2023, dúas actividades municipis de conciliación familiar destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo de lecer da cativada con propostas lúdicas e educativas.


Na xornada inaugural, os menores gozaron dunha multitude de divertidas e variadas actividades tales como os seus primeiros xogos de presentación, a busca de tesouros e do impostor, manualidades e moitas outras. Ademais, as rapazas e rapaces recibiron a visita de Rosario Rodríguez, concelleira de Benestar Social, e Manuel Lorenzo, concelleiro de Feiras Transporte e Xuventude, que se achegaron ata o centro educativo para darlles a benvida.

Estes servizos, deseñados para cubrir o tempo de lecer dos máis pequenos, terán lugar desde hoy 22 de xuño até o 8 de setembro, de luns a venres, con diferentes horarios adaptados ás idades dos nenos e contando cun equipo cualificado de nove monitores de tempo libre, doce xoves de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.

A Ludoteca de Verán está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. As actividades programadas inclúen animación á lectura e contacontos, actividades acuáticas, cine infantil, obradoiros medioambientais, reciclaxe creativa, fotografía, música, xogos de auga, entre outros. Tamén haberá festas temáticas como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eibisenca, Festa Pirata e Festa Flamenca.

O Campamento Urbano está pensado para nenos e nenas de 11 a 15 anos. Durante este campamento, realizaranse acampadas nocturnas, sendeirismo, xogos olímpicos, obradoiros de pintura, actividades acuáticas, visitas a lugares de interese da zona e moitas outras actividades lúdicas e deportivas.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>