Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O IES García-Barbón de Verín amplía a oferta formativa coa incorporación de novos ciclo en Dual de Automoción, Aceites e viños e Hixene bucodental.
O IES García-Barbón de Verín amplía a oferta formativa coa incorporación de novos ciclo en Dual de Automoción, Aceites e viños e Hixene bucodental. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Xuño 2023 16:00

O centro conta actualmente con ensinanzas de Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, ciclos formativos das seguintes familias profesionais: sanitaria, administrativa, instalación e mantemento e automoción, sección delegada da Escola Oficial de Idiomas e Aula Mentor.


Ata agora o centro contaba cos CB Mantemento de Vehículos, CB Servizos Administrativos, CM Coidados Auxiliares de Enfermaría, CM Xestión Administrativa, CM Mantemento Electromecánico, CM Electromecánica de Vehículos e CS Administración e Finanzas. De cara o vindeiro curso 23/24 amplíase a oferta coa incorporación do ciclo formativo de grado medio de Aceites e Viños, e os ciclos superiores de Hixiene bucodental e Automoción, que se implantan na modalidade dual, en colaboración con diversas empresas da contorna nas que o alumnado se formará e traballará durante dous cursos académicos.

O equipo directivo agradece a colaboración das empresas implicadas así como da Denominación de Orixe Monterrei, sen as cales non sería posible lograr a implantación destes novos ciclo, e confia que nun futuro se poida incrementar o número de empresas colaboradoras para así seguir ampliando e diversificando a oferta formativa do centro.

O período de solicitude de plazas para os ciclos medios ou superiores, tanto na modalidade presencial como dual, estará aberto do 23 de xuño ata o 5 de xullo ás 13 horas. A solicitude de praza realizarase a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

A matrícula para Bacharelato será entre o 23 de xuño e o 7 xullo, e realizarase no propio centro educativo.

Acceso aos vídeos da oferta formativa de FP: https://youtube.com/playlist?list=PLwETabGTKTUe6xvQKAR8A_6LyIKnXuG-p

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>